Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o ciclo sobre alimentación en nutrición cunha charla que terá lugar mañá no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra


# Mércores, 24/04/2013
A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza a segunda charla-coloquio sobre nutrición do ciclo O médico púxome a dieta, que organiza nos Centros de Convivencia a área de animación sociocultural.

Nesta ocasión, a psicóloga clínica Marta González e a dietista-nutricionaista Lidia Carballo, falarán no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra sobre “As claves psicolóxicas e nutricionais de estar a dieta”. No acto tratarán temas como as emocións negativas e positivas (tentación, derrotismo/satisfacción, perseverancia…), qué é comer sano, e trucos para adaptar a alimentación ás indicacións médicas para tratar doenzas como hipertensión, diabates ou obesidade.

Esta actividade, de acceso libre, terá lugar ás 19.00 horas, no salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

Dentro do ciclo “O médico púxome a dieta”, que comezou o pasado día 15, no Centro de Convivencia de Fingoi, están programadas charlas informativas que se celebrarán ata o 16 de maio nos distintos Centros de Convivencia do Concello e ten o obxectivo de axudar a todas aquelas persoas que se ven obrigadas a modificar os seus hábitos alimentarios por motivos de saúde.

Para o mércores 8 de maio, ás 18:00 horas, está programada outra charla no Centro de Convivenia Maria Balteira, e o xoves 16 de maio, tamén ás 18:00, será no Centro de Convivencia de Lamas de Prado.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova