Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha Gala Lvcvs Moda con fins benéficos chega á súa cuarta edición poñendo en valor a creatividade dos lucenses fronte á crise


# Xoves, 25/04/2013
Suporá un gran impulso económico para a moda e o deseño lucense e cuxa recadación íntegra destinarase ó Fogar do Transeúnte da capital luguesa

Imaxe Asociada
5 deseñadores, 14 firmas de artesanía, 7 peluquerías e 18 colaboradores estarán presentes nunha gala retransmitida por diferentes canles de televisión

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou esta mañá na presentación da IV Gala Lvcvs Moda, aoa que temáne asistiron a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín e Luis Areñas, Ramón Álvarez e Ludi Quintás, en nome de deseñadores, artesáns e peluqueiros, respectivamente. Acompañados por todos os profesionais da moda e do deseño organizadores desta cita, coa que colaboran a Deputación de Lugo e o Concello, a presentación tivo lugar esta mañá nos exteriores do Museo Interactivo de Historia de Lugo-MIHL, que será precisamente o escenario onde se desenvolverá este evento.

O vindeiro día 8 de maio, ás 21:00 horas, no espectacular MIHL, os lucenses teñen unha cita coa creatividade lucense, neste acontecemento benéfico que atraerá a atención dos medios e cuxa recadación destinarase integramente ó Fogar do Transeúnte da capital luguesa. As entradas poderanse mercar nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes ó mesmo prezo que en anos anteriores, 20 euros. Coa súa entrada, todos os asistentes recibirán un pequeno catálogo no que poderán atopar toda a información necesaria para adquirir calquera deseño das coleccións presentes.

Impulso económico para o sector
Esta Gala Lvcvs Moda, ademais do seu carácter benéfico, volve ó calendario da provincia movido polo interese dos propios creadores en organizar unha pasarela na que mostrar as súas creacións nos eidos da moda, da artesanía e da peluquería, porque este evento ten xogado un papel destacado en anos anteriores coma xerador de riqueza e creador de postos de traballo. Tal e como subliñou Polín, “a imaxinación, a posta en valor da creatividade da xente de Lugo, é unha oportunidade económica de primeiro nivel”.

De feito, tanto Luis Areñas, Ludi Quintás e Ramón Álvarez coincidiron en destacar a importancia da colaboración prestada polos organizadores da Gala e trasladar o seu agradecemento a Deputación e Concello polo esforzo posto en axudar a que “se vexa que, malia o momento de crise, o comercio de Lugo está vivo”

Pola súa banda, Carmen Basadre, destacou o feito de que este evento se celebre nas instalacións do MIHL, que a pesares de estar pensado para outros usos, “esta pode ser unha boa alternativa para dar a coñecer este Museo”.

Moda, artesanía e peluquería
Nesta ocasión estarán presentes cinco deseñadores: Inpe-Abrigo Verde, Luis Areñas para Manuel López, Montse Arias, René Velasco e Tina Cortón amosarán as súas últimas creacións sobre a pasarela. Tamén participarán 14 destacadas firmas de artesanía da provincia: Cecilia Carballo, Cesteríaviva, Corazóns Artesáns, En lá, Jara Rodríguez, M&N, Obradoiro, Otero y Fieiras, Paula Dimé, Ramón Álvarez, Rappa Taller, Sra. María, Vidal Revilla e Yanllan, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos de vestir.

Os asistentes á Gala deste ano terán a oportunidade de ver por primeira vez un show de peluquería, no que os espectaculares peiteados deixarán de ser parte do estilismo para converterse no centro de atención do seu particular desfile. Os creadores serán sete profesionais da imaxe: Aluma, Attelier, Eduardo Souto, Gala Group, Miriam Souto, Mohama e Pardo Peluqueros.

Ó igual que en anteriores edicións, foron moitos os negocios lucenses que quixeron colaborar con este evento. Nesta ocasión Adamascada Asesor de Imagen, Area, Arte Floral Rabel, Cuplé, Dick&Paul, Joyería Senén, Messalina, Modesto Santa Eularia, Porta Castelli, Ramón Rebolo, Rochas, Torques, Zapaterías Cortés, IES Muralla Romana, Mesón de Alberto, Restaurante Koki García, Cuqui Bakes e Briopack prestarán o seu apoio á Gala.

Os que non teñan a oportunidade de ver este gala en vivo poderán facelo nas súas casas, posto que novamente serán moitas as canles de televisión que emitirá o sinal ofrecido polos alumnos de Produción e Realización da Fundación TIC, que deixarán constancia coas súas cámaras de todo o que aconteza esa noite dentro de Museo Interactivo de Historia de Lugo.

PUNTOS DE VENDA DE ENTRADAS:


Luis Areñas para Manuela López
Galerías Praza Maior/ Campo Castelo, 10. Local 5. Lugo
982 221 102

Montse Arias
Rúa San Froilán, 44
Lugo
982 241 820

Inpe-Abrigo Verde
Praza Santo Domingo, 24
Lugo
982 255 865

Tina Cortón
R/Xoán Montes, 3 1º D
982 251 986

René Velasco
Praza da Soidade, 1- baixo A
982 240 590

Aluma
Praza Campo Castelo, 2
Lugo.
982 229 261
Avda. Afonso X O Sabio, 3
Lugo
982.244.694
Avda.da Coruña, 424
Lugo.
982.219.988
Praza de Ferrol, 1
Lugo
982.240.661
R/Benigno Quiroga, 1
Sarria- Lugo
982.533.533
R/Fraga Bello, 6
Vilalba- Lugo
982.512.388
Hospital Lucus Augusti - 1ª Pranta.
982.251.315

Atelier
R/ Concepción Arenal, 18
Lugo
982 227 854

Eduardo Souto
R/Alexandre Bóveda, 16
Lugo

Galagroup
Ronda da Muralla, 97
982 255 705

Mohama
Praza do Rei, 17, baixo
Lugo
982 808 227

Pardo Peluqueros
R/ Vilalba, 4- baixo
982 242 702


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova