Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo reclama un instituto para o Sur da cidade e está disposto a cederlle unha parcela á Xunta para que o constrúa se non accede a manter os estudos de Secundaria e Bacharelato no IES As Mercedes


# Xoves, 25/04/2013


O Alcalde, José López Orozco, reiterou hoxe a necesidade de que o Sur de Lugo dispoña dun instituto.

O Alcalde insistiu en reclamarlle á Consellería de Educación que manteña os estudos de Secundaria e Bacharelato que quere suprimir do IES As Mercedes e anunciou que, se Educación non dá marcha atrás, o Concello porá a súa disposición unha parcela de propiedade municipal que está situada no polígono SUR-K.

López Orozco considerou que o Sur da cidade necesita dispór dun instituto e por ese motivo, explicou que, se a Xunta non accede á reclamación de manter o IES As Mercedes, o Concello está disposto a cederlle á Consellería de Educación un terreo de 13.438 metros cadrados que reúne os requisitos para construir un instituto, dotación que se sumaría ás outras xa existentes na zona.

Con ese centro, quedaría cuberta a demanda de prazas para os alumnos residentes no Sur da cidade e evitar así a saturación das aulas noutros institutos de Lugo ós que serán desplazados os estudantes de Secundaria e Bacharelato o IES As Mercedes se a Xunta atende as peticións da comunidade escolar e de institucións como o Concello de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova