Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aumenta en 10.000 euros as axudas para a adquisición de material escolar de educación infantil para o próximo curso


# Xoves, 25/04/2013
Esther Muñóz tamén presentou un programa de animación a lectura e desenvolvento artístico nos centros públicos da cidade

Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, anunciou que xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas escolares de axuda para educación infantil para o curso 2013-2014 e que “grazas ao esforzo que fai este Concello se poden aumentar en 10.000 euros con respecto ao pasado”.

Esther Muñóz destacou que “nos últimos anos estamos vendo como aumentan o número de familias solicitantes destas axudas xa que a situación económica non mellora e como outras administracións deixan de ofrecer axudas”. Así, para o curso 2013-2014, o importe destinado a estas axudas ascende a 30.000 euros, concedéndose un vale desconto por beneficiario (neno) de 80 euros.

Estas axudas teñen por obxecto a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo para o segundo ciclo de infantil (3 a 5 anos) e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Ademais este ano só se terán en conta os requisitos económicos para a adxudicación das mesmas. O prazo para solicitar estas axudas e das que se pode descargar o formulario na páxina web do Concello rematan o 13 de maio.

Pode descargar a solicitude dende a Sede Electrónica (Tramita na túa casa).

Campaña de animación á lectura

A responsable da área de Educación tamén deu a coñecer a campaña de animación á lectura Qontarte no mes da arte e a literatura infantil. Desde maneira, ao longo do mes de maio levarase a cabo a quinta edición da campaña QONTARTE, na que a lectura e a creación plástica serán novamente as protagonistas das actividades das escolas de Lugo. Nesta edición, o libro protagonista de QONTARTE 2013 será Se eu fose un gato que servirá de base á actividade Que pasaría se… a desenvolver nos centros de infantil e primaria de Lugo. Con esta actividade os nenos e nenas de segundo de primaria aprenderán a, dunha maneira imaxinativa, poñerse en lugar de outras persoas ou situacións.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova