Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello convoca as subvencións para a organización das festas do Lume Novo


# Venres, 26/04/2013
As bases da convocatoria foron publicadas hoxe no BOP e o prazo de solicitude estará aberto ata o 21 de xuño

O Concello vén de anunciar a convocatoria das subvencións para a celebración das festas do Lume Novo nas parroquias e barrios de Lugo, que se convocan ó abeiro do III Plan Estratéxico de Subvencións da institución municipal.

As axudas, que concede a Concellería de Cultura, turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, teñen este ano un presuposto total de 8.500 euros.

Segundo establecen as bases da convocatoria, pódense beneficiar destas achegas todas as parroquias e barrios do Concello que promovan festas de Lume Novo. Tamén sinalan que os solicitantes deben ser as persoas que representan ás correspondentes parroquias, comisións de festa, asociacións culturais ou de veciños e veciñas, ou calquera persoa que xustifique a súa vinculación coa parroquia ou barrio e a súa implicación coa organización dos actos.

As bases da convocatoria, que foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia, establecen, tamén, que son gastos subvencionables aqueles que responden á realización de eventos de carácter cultural: actuación de orquestra ou grupo municipal, pirotecnia, carteis ou folletos anunciadores do evento, sardiñada, leña, etc.

O prazo de solicitude estará aberto ata o día 21 de xuño.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova