Continuamos a programación de animación á lectura con novas actividades. Preparémonos para divertirnos, unha vez máis, coas historias que nos teñen preparadas os contadores.
Ademais das actividades dos xoves, celebraremos o Día do Libro, o 23 de abril, cun contacontos e, aproveitando que o sábado 18 de maio é o Día dos Museos, invitámosvos a que coñezades o MIHL e participedes nun espectáculo de maxia e poesía.
É importante que vos fixedes na hora e nas idades ás que vai destinada cada sesión.
A entrada é gratuíta, pero como o aforo é limitado, é necesario retirar unha tarxeta de invitación. Estarán dispoñibles na biblioteca a partir do luns da semana da actuación correspondente. Comezarán a entregarse en horario de tarde, dende as 16:30 horas, e por estrita orde de chegada (máximo dúas invitacións por persoa).
LARRAITZ URRUZOLA
“Babacontos”
Idades: a partir de 3 anos
Número de asistentes: máximo 40
Duración: 40 minutos.
“Cando a Babamá sintas susurrar abre as orellas e déixate levar! En petos e potas ten fabas máxicas para encantar. Inventa contos para espertar, contos para xantar, contos...para non durmir, contos para cantar”
2 de maio ás 19 horas
ELEFANTE ELEGANTE
“O aviador”
Idades: a partir de 3 anos
Número de asistentes: máximo 40
Duración: 40 minutos
O aviador é a historia do encontro dun aviador cun Moucho, que como todos os mouchos, prefire a noite ao día. O aviador vai tentalo todo para axudar ao Moucho pero, será posible vivir nun mundo sen sol?
9 de maio ás 19 horas
ENRIQUE MAURICIO IGLESIAS e CARLOS TABOADA
“Violeta carteira bolboreta”
Idades: a partir de 3 anos
Número de asistentes: máximo 40
Duración: 60 minutos
Enrique Mauricio (Mau) e Carlos Taboada (Pin) son os autores da colección “Polo correo do vento”. Con esta actividade, na que se mestura a exposición oral das súas historias e o debuxo, coa elaboración dun mural, pretenden concienciar aos nenos e nenas da importancia que ten o respecto e a protección do medio.
18 de maio ás 19.30 horas
MATAPIOLLOS (CARLOS COIRA)
“Abrapalabra”
No MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo).
Idades: a partir de 3 anos.
Número de asistentes: máximo 50
Duración: 50 minutos
Abrapalabra é un espectáculo de maxia e poesía. Carlos Coira conta coa colaboración dos nenos e nenas para o seu espectáculo de maxia. Quere darlles a palabra, usándoa con xeito, facer xuntos cousas marabillosas.