Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O psicólogo Bernabé Tierno impartirá dúas conferencias sobre formación e educación en Lugo


# Martes, 30/04/2013
O prestixioso psicólogo estará o día 8 de maio na cidade para dar a coñecer a pais e nais e profesores diferentes estratexias de formación

Dende a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, organízase unha Xornada Educativa con Bernabé Tierno, prestixioso psicólogo e pedagogo especializado en adolescentes que leva máis de 30 anos invetigando sobre as causas do fracaso escolar e diseña estratexias para unha ensinanza e aprendizaxe máis eficaz.

Esta actividade, enmarcada dentro do programa +Xti, levarese a cabo ao longo do mércores día 8 de maio. A primeira das accións será unha conferencia sobre Estratexias para o éxito escolar, formación en valores e habilidades sociais, que terá lugar no Salón de Actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, ás 12:30 horas. O público ao que está dirixido e para alumnos e profesores dos centros educativos da cidade.

Xa pola tarde, entre as 18:00 e as 19:00 asinará libros na librería Trama, na Avenida da Coruña, e ás 19:30 horas, no salón de actos do Centro de Convivencia Maruja Mallo, ofrecerá unha conferencia sobre as Claves para unha formación integral (valores humanos, intelixencia emocional, asertividade,..) dirixido a pais e nais, profesionais do ámbito socioeducativo e poboación en xeral que teña interese no ámbito da educación.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova