Dende a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, organízase unha Xornada Educativa con Bernabé Tierno, prestixioso psicólogo e pedagogo especializado en adolescentes que leva máis de 30 anos invetigando sobre as causas do fracaso escolar e diseña estratexias para unha ensinanza e aprendizaxe máis eficaz.
Esta actividade, enmarcada dentro do programa +Xti, levarese a cabo ao longo do mércores día 8 de maio. A primeira das accións será unha conferencia sobre Estratexias para o éxito escolar, formación en valores e habilidades sociais, que terá lugar no Salón de Actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, ás 12:30 horas. O público ao que está dirixido e para alumnos e profesores dos centros educativos da cidade.
Xa pola tarde, entre as 18:00 e as 19:00 asinará libros na librería Trama, na Avenida da Coruña, e ás 19:30 horas, no salón de actos do Centro de Convivencia Maruja Mallo, ofrecerá unha conferencia sobre as Claves para unha formación integral (valores humanos, intelixencia emocional, asertividade,..) dirixido a pais e nais, profesionais do ámbito socioeducativo e poboación en xeral que teña interese no ámbito da educación.