Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa Maio Escénico trae cinco novas actuacións para o Auditorio Gustavo Freire


# Xoves, 02/05/2013
Dende hoxe e ata o 15 de maio poderanse mercar as entradas anticipadamente no Centro de Interpretación da Muralla

Imaxe Asociada
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua programa diferentes actividades para o mes de maio, entre as que figura o Maio Escénico. Esta actividade engloba unha serie de obras de teatro e música de diferentes ámbitos e dirixidas para todos os públicos entre o 16 e o 30 de maio no Auditorio Gustavo Freire.

Así, dende hoxe 2 de maio e ata o 15 están a venda as entradas no Centro de Interpretación da Muralla para asistir a algunha das actuacións. O prezo é de 5 euros xeral cun desconto de 2 euros para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e dependentes. Para a obra da compañía Kukas o prezo único será de 2 euros.

As obras teatrais comezarán o xoves 16 de maio ás 20:30 coa posta en escena de O home almofada do grupo Ilmaquinario, un espectáculo que afonda no influxo que a violencia xoga no desenvolvemento do individuo dende unha perspectiva tenra e sarcástica a un tempo.

O sábado 18 de maio, ás 18:30 horas haberá unha sesión de teatro familiar para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que leva por título Contos do vento acatarrado pola compañía Kukas, na que se conxuga o traballo dos actores coa manipulación de diferentes tipos de marionetas.

O domingo 19 de maio a partires das 20:30 horas, o grupo Sarabela Teatro escenificará a comedia Viaxe a ningunha parte coa que pretenden reivindicar a dignidade dos cómicos e facer un canto á vida.

Magnético Zen é o novo disco de Xoán Curiel que presenta o venres 24 de maio ás 20:30 horas adicado a todos os homes-mestres que unha persoa ten ao longo da vida, realizará un concerto cunha duración de 70 minutos.

A última actividade do Maio Escénico é a comedia Sexo, por que non? da produtora Eme2, e interpretado por Mercedes Castro. Esta comedia reflexiva para mozos e maiores é un punto de encontro humorísticos para rachar cos tópicos e tabús, comezará as 20:30 horas do xoves 30 de maio.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova