Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O XIV Torneo Prebenxamíns de Fútbol Sala dará comezo este sábado


# Venres, 03/05/2013
As probas celebraranse os sábados 4, 11 e 25 de maio e 1, 8 e 15 de xuño no Centro Deportivo Terra e Polideportivo Daniel Cordido de A Piringalla

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Director da Escola de Fútbol sala Terra, José González, e o Director do Torneo, Félix Julio, presentan o XIV Torneo Prebenxamín Fútbol Sala Escola Terra.

O Torneo, organizado por Prone Lugo AD e a Escola de fútbol sala Terra, e que conta entre outras colaboracións coa do Concello de Lugo, disputarase os sábados 4, 11 e 25 de maio e os sábados 1, 8 e 15 de xuño no Centro Deportivo Terra e Polideportivo Daniel Cordido da Piringalla. Segundo destacou o Concelleiro de Deportes, este é un torneo tradicional, xunto co de Nadal, que trata de fixar nas primeiras idades os hábitos saudables e deportivos aos máis pequenos. “A idea é seguir apostando por actividades de este tipo e que os nosos mozos e mozas se enganchen dende pequenos a este deporte” segundo declarou Grandío.

Segundo explicou o representante da Fundación Azkar, poderán participar os nenos e nenas nados nos anos 2005, 2006 e 2007 en dúas divisións. A 1ª división serán 20 equipos (catro grupos de cinco equipos) e a 2ª división onde serán 16 equipos (catro grupos de catro equipos). En total serán 36 os equipos participantes cunha participación ao redor de 450 nenos e nenas procedentes de Lugo capital, a súa provincia e Ourense.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova