Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organizada diversos actos para conmemorar o Día de Europa


# Luns, 06/05/2013
Comezarán ás 12.30 horas na Praza Maior cun acto institucional e a lectura dun manifesto

Imaxe Asociada
A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, un ano máis, organiza os actos para festexar o Día de Europa que terán lugar este xoves 9 de maio na Praza Maior.

Os actos, organizados polo Centro de Información Europea do Concello de Lugo, comezarán ás 12.30 cun acto institucional e a lectura do manifesto conmemorativo do Día de Europa que este ano se celebra baixo o lema Trátase de Europa, trátase de ti.

Con motivo desta conmemoración tamén se instalará unha mesa informativa e haberá xogos, obradoiros de chapas e debuxo, entre outras actividades para os pequenos en horario de mañá de 12.30 a 14.30, e pola tarde de 17 a 21 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova