Imprimir

MANUEL NÚÑEZ LÓPEZ TOMOU POSESIÓN COMO CONCELLEIRO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE LUGO


6/5/2013 Substitúe a Francisco Fraga que renunciou á acta de Concelleiro no mes de abril

Manuel Núñez López tomou posesión hoxe como Concelleiro da Corporación Municipal de Lugo, no Pleno ordinario que celebrou esta tarde o Concello.

Manuel Núñez, de 54 anos, naceu en Meilán (Lugo), é Licenciado en Xeografía e Historia e na actualidade é o Director do CEIP Menéndez e Pelayo.

Núñez López incorpórase á Corporación Municipal en substitución de Francisco Fraga López, que renunciou á súa acta de Concelleiro no Pleno que celebrou a Corporación Municipal o pasado mes de abril para retomar a súa traxectoria profesional na Universidade.