Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Xa está aberto o prazo do concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do San Froilán 2013


# Mércores, 08/05/2013
Os traballos poderán presentarse na Concellería de Cultura e Turismo
ata o xoves 30 de maio


Xa está aberto o concurso de deseño gráfico para seleccionar o cartel anunciador das Festas do San Froilán 2013 organizado polo Concello de Lugo. O prazo para presentar os traballos en ambos concursos está aberto ata ás 14:30 horas do xoves 30 de maio. Os interesados poderán entregar ou mandar a súa obra por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo situada na Praza Maior nº1, 27001, en formato dixital JPG, cunhas dimensións de 50x70 cm. e con 72 ppp de resolución (1417x1984 píxeles), en soporte cd ou lapis de memoria.

O Premio de Deseño Gráfico San Froilán 2013 convida a todos os artistas, creadores e afeccionados a participar con traballos propios e orixinais que recollan o espírito das festas patronais lucenses, que están consideradas as máis populares de Galicia. As técnicas son libres e, neste ano 2013, contribuirán a enxalzar a cidade de Lugo e as súas festas patronais de San Froilán.

Nos deseños debe figurar o texto: “Lugo, San Froilán 2013, 4-12 de Outubro, Excmo. Concello de Lugo” e os lemas “Festa de Interese Turístico Galego” e “Fiesta de Interés Turístico Nacional”. Tamén deberá aparecer o logotipo do Concello.

O gañador do concurso, ademais de ter a honra de ser o autor do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.

www.sanfroilan.info


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova