Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno local autoriza a oferta de emprego público para que todo o persoal do Concello de Lugo sexa funcionario


# Mércores, 08/05/2013
A Xunta de Goberno tamén aprobou o uso en precario dos locais de Monte Faro por parte de asociacións e entidades sociais

Imaxe Asociada
Os lucenses terán que pagar un estudo hidrolóxico para a administración competente na xestión dos ríos

A Confederación Hidrográfica e o Instituto Xeográfico Nacional teñen delimitado no seu sitio web o mesmo treito do río Rato que o Concello incorporou ó PXOM


O Goberno local avanzou hoxe no proceso de funcionarización de todo o persoal que traballa ó servizo do Concello de Lugo, segundo informou o Voceiro e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez. Este novo paso no proceso extraordinario de funcionarización consistiu na aprobación pola Xunta de Goberno Local da Oferta de Emprego Público que contempla a convocatoria de 128 prazas de funcionario.

O Voceiro do Goberno local lembrou que o Concello decidiu poñer en marcha este proceso extraordinario de funcionarización para dar todas as garantías de estabilidade no emprego ó persoal municipal xa que a nova normativa do Goberno do Estado facilita que as distintas administracións poidan prescindir de traballadores que ocupen praza de persoal laboral fixo.

“Para que ese feito non se poida producir no Concello de Lugo, abriuse este proceso do que hoxe damos o último paso”, informou Luis Álvarez quen informou de que esta oferta de emprego foi aprobada por unanimidade na Mesa xeral de negociación celebrada o 29 de abril e supón a incorporación destas 128 prazas”

Tamén deixou claro o Voceiro do Goberno local que “a ningún traballador se lle vai regalar absolutamente nada, todos van pasar polos procesos que están establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público”, xa que o proceso de funcionarización obrigará a todos os empregados laborais do Concello a pasar unhas probas que serán distintas segundo a oposición que superaran no seu momento para ser laborais fixos.

Locais para asociacións


A Xunta de Goberno Local tamén aprobou hoxe, á iniciativa da Concellería de Benestar Social e Igualdade, a autorización de uso en precario dos locais do Edificio municipal de Monte Faro a asociacións privadas, fundacións públicas e entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas de contido social.

A relación de asociacións que solicitaron son o uso destes locais foron as seguintes: Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Asociación Cultural de ayuda a enfermos crónicos; asociación Corazóns Artesáns; Asociación de Dano Cerebral Sobrevido (ADACE); Asociación Enriqueta Otero; Asociación de inmigrantes e retornados rioplatenses; Asociación Sociedade Galega de Agroecoloxía e Asociación reiki Lugo (ARLU).

O Voceiro do Goberno local explicou que seis das oito solicitudes foron atendidas, xa que as outras dúas non cumpriron os requisitos. Tamén sinalou que agora se abrirá un novo prazo para a cesión dos locais que quedaron vacantes e destacou que o Concello cede gratuitamente o uso destes locais as distintas entidades para que poidan desenvolver programas de contido social.

O edificio de Monte Faro conta na actualidade con locais de distintas superficies, un salón de actos de uso común, unha sala de recepción e unha sala de espera. A autorización de uso concédese por un período de un ano prorrogable ata un máximo de tres.

A Xunta e a Confederación Hidrográfica queren un estudo do treito do Rato que non recollen a Confederación nin o Instituto Xeográfico Nacional

O Voceiro do Goberno local tamén manifestou, en resposta a preguntas dos xornalistas, que o estudo complementario do PXOM que reclama agora a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, nun informe feito por encargo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, supón que “imos ter que investir cartos dos lucenses nunha nova contratación para facer un estudo complementario para unha administración que é a que ten a competencia na xestión dos ríos”.

“É unha situación pintoresca que a Confederación lle pida a unha administración local que faga ese tipo de informe cando é ela a administración que competente na xestión dos ríos”, destacou o Concelleiro de Urbanismo.

Luis Álvarez tamén revelou outro dato paradóxico, xa que “no visor da páxina web da Confederación Hidrográfica e no do Instituto Xeográfico Nacional aparecen os mesmos treitos do río Rato que están incluídos na documentación que o Concello lle remitiu á Xunta”.

O Concelleiro de Urbanismo explicou que o Concello non dispón dos instrumentos necesarios para facer ese tipo de estudo, polo que terá que recurrir a empresas especializadas.

Luis Álvarez sinalou, que polo momento, non é posible cuantificar o custe que lle suporá ó Concello facerlle ese estudo á Confederación Hidrográfica, que reclama agora a unha administración local que informe de aspectos como a sección plana e transversal dos distintos cauces do río Rato para incorporalos ó PXOM.

En todo caso, deixou claro que o Concello quere que Lugo teña no menor tempo posible totalmente aprobado o PXOM e afirmou que “de dilatar a aprobación do Plan xa se encargan outras administracións, non o Concello”

Tamén lembrou o Concelleiro de Urbanismo que a documentación do 5% do PXOM pendente de aprobación pola Xunta foi aprobada no seu día polo Pleno municipal con todos os informes favorables dos técnicos e tivo o apoio do Partido Popular

www.lugo.es/ws/pxom
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova