Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco recibe a visita da muller dun defensor dos dereitos humanos desaparecido e do que leva o caso Amnistía Internacional Lugo


# Mércores, 08/05/2013


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por outros membros da Corporación Municipal, recibiron esta mañá a visita de Ana Josefa Montilla, muller de Juan Almonte Herrera, defensor dos dereitos humanos na República Dominicana “desaparecido” dende o 2009 e un dos casos dos que se ocupa Amnistía Internacional de Lugo dende o 2010.

Nesta recepción, Ana Montilla, explicou a situación de inseguridade que se vive na República Dominicana e deu a coñecer o historia do seu marido, motivo polo que está en diferentes países para recadar apoios de diferentes institucións. Como ela contou, o seu marido, Juan Almonte Herrera, foi detido, torturado e asasinado cando era Vicepresidente do Partido Movimiento de Unidad Dominicana e membro do Comité de Dominicano de Dereitos Humanos en un momento de protestas sociais que esixían o cumprimento dos dereitos humanos.

Amnistía Internacional traballa polo cumprimento dos dereitos humanos nos países nos que non está garantido e prestan atención e asesoramento as persoas afectadas por estas situacións.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova