Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan as actividades dos sábados +xTi na Casa da Xuventude


# Xoves, 09/05/2013


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, ten programadas distintas actividades que se celebran os sábados, en horario de mañá e tarde, na Casa da Xuventude.

As actividades, organizadas dentro do programa Sábados +xTi, destínanse a mozos de 12 a 19 anos de idade e son gratuítas.

O calendario de actividades desenvólvese todos os sábados ata acabar o mes de xullo.

Para este sábado, día 11 de maio, están previstas as seguintes: Skaters entre as 11.00 e as 12.30 horas; Urban Dance de 12.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas e Defensa Persoal, entre as 19.00 e as 21.00 horas.

Coñece a Casa da Xuventude

www.lugo.es/prevenciondrogas


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova