Cargando....
Concello de Lugo
28/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá venres os comercios da cidade sacarán á rúa os seus produtos dentro da segunda edición do Street Market


# Xoves, 09/05/2013
Carmen Basadre salientou a importancia de apoiar ao pequeno comercio da cidade con iniciativas tan novidosas como esta organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, a Presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real, e a tesoureira da Asociación de Autónomas, Teresa Pérez, presentaron esta mañá a segunda edición do Street Market ou mercado na rúa que se celebra na cidade. Trátase dunha feira na que o comercio da cidade sairá ás rúas coa súa mercadoría con descontos importantes tanto en roupa doutras tempadas como desta.

Así, Carmen Basadre, destacou que esta iniciativa “servira para impulsar o comercio xa que a xente achegarase a Lugo para mercar nos establecementos da cidade onde se ofrecen ademais de calidade unha boa atención”. A Concelleira tamén destacou o algo número de participantes xa que nesta segunda edición son máis de 70 establecementos.

Por outra parte, Nora Real manifestou que “con esta iniciativa gañamos todos, por un lado os comerciantes que dan saída as súas mercadorías e, por outro lado, o consumidor que atopará oportunidades exclusivas”.

Nesta iniciativa participan máis de 50 establecementos de diversa índole que ofrecerán importantes descontos aos que se acheguen, así terán oportunidade de adquirir téxtil, complementos, zapatos, lencería, ou xoias. Os establecementos situados a maioría no centro histórico da cidade identificaranse por unha mesa laranxa na entrada do local e estarán abertos durante dende as 11 da mañá ata as 20.30.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova