Cargando....
Concello de Lugo
21/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello un ano máis súmase á celebración do Día mundial da Fibromialxia


# Venres, 10/05/2013


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A lectura do manifesto foi a cargo do Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, e no que as asociacións reclaman unha sanidade xusta e piden máis comprensión para os doentes de fibromialxia

O Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, presidiu este venres o acto central do Día mundial da fibromialxia, que se celebrou diante do Concello. A conmemoración do Día mundial da fibromialxia foi organizado polas asociacións Alufi e Adafi para chamar a atención da sociedade sobre a incomprensión que sofren as persoas afectadas por esta enfermidade.

Luis Álvarez foi o encargado de ler o manifesto conmemorativo que reclama unha sanidade xusta e equitativa e manifesta a solidariedade con todas as persoas que sofren os efectos da crise económica e o retroceso en Dereitos Fundamentais. E dunha forma moi especial ás persoas enfermas, ás que os recortes en Sanidade e en Servizos Sociais converten en máis vulnerables.

O manifesto destaca que “as persoas enfermas de fibromialxia debemos reivindicar o recoñecemento pleno desta enfermidade e o dereito a unha calidade de vida digna adoptando o lema Recoñecemento, calidade e vida”. Neste sentido, piden o recoñecemento dunha enfermidade caracterizada por fortes dores e cansancio incapacitantes e unha boa calidade de vida ante o impacto persoal, familiar, económico, laboral e social como demostrou o estudo epidemiolóxico EPIFFAC.

Por todo elo, di o manifesto “temos que ser realistas e darnos conta do perfil da persoa enferma é dunha muller de mediana idade que quere estar sana, que loita por manter a unidade familiar e que quere manter o seu posto de traballo e a súa dignidade persoal”.

Por último, o texto di que “somos enfermos que, rompendo prexuízos que nos estigmatizaban aínda máis, manifestamos que as nosas prioridades son: a investigación, a mellora da atención sanitaria, a creación de unidades multidisciplinares e o recoñecemento das enfermidades, tal como indica el Estudio EPIFFAC.”.
 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova