Cargando....
Concello de Lugo
28/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A V Concentración Ancares Tuning Cidade de Lugo celébrase esta fin de semana no Recinto de Feiras e Congresos


# Venres, 10/05/2013


Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polo Xerente da Fundación Feiras, Rubén López, e Héctor Veiga, en representación da organización, presentaron hoxe a V Concentración Ancares Tuning Cidade de Lugo.

O Concelleiro de Deportes explicou que un ano máis se celebra este evento ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo debido ao aumento da participación, xa que se esperan entorno ao uns 150 vehículos.

Os organizadores xa teñen confirmada a asistencia de participantes de Asturias, Castela e León, resto de Galicia e o Norte de Portugal.

A V Concentración Ancares Tuning terá lugar os días 11 e 12 de maio no Pazo de Feiras e Congresos. As inscricións pódense facer dende o sábado. O horario da concentración será de 10.00 a 22.00, o sábado, e de 10.00 a 14.00, o domingo.

Está previsto a entrega de máis de 80 trofeos e haberá premios especiais nas seguintes categorías: club máis numeroso, mellor pintura, mellor aerografía, coche máis lonxano, coche máis antigo, mellor multimedia, coche máis baixo (sen neumática), coche máis ancho (homologado), llanta XL, llanta máis pequena, alerón XL, top German, escape diesel e gasolina, coche máis cheo de tuners, lanzamento de llanta e top racing.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova