Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O comercio de Lugo saca as súas mercadorías á rúa na segunda edición do Street Market


# Venres, 10/05/2013
O Concello, a Deputación e a Asociación de Autónomas de Lugo colaboran nesta iniciativa co obxectivo de impulsar ó comercio local

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua e a Deputada de Economía, Pilar García Porto, acompañadas pola Presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real, e directivas da Asociación fixeron esta mañá un percorrido polos distintos postos da segunda edición do Street Market, o mercado na rúa que se celebra hoxe na cidade, no que os comerciantes poñen á venda as súas mercadorías con importantes descontos.

Esta é unha nova iniciativa na que o Concello de Lugo e a Deputación provincial colaboran coa Asociación de Autónomas para a dinamización do comercio local. Nesta segunda edición do Street Market participan máis de 70 establecementos.

Dende as once da mañá está aberto o mercado na rúa, no que participan todo tipo de establecementos, a maioría situados no Casco histórico da cidade, que poñen á venda tanto produtos téxtiles como complementos, lencería, xoias ou zapatos a prezos que resultan moi atractivos para os consumidores.

Os establecementos participantes están identificados por unha mesa laranxa situada diante do local e permanecerán abertos ata as 20.30 horas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova