Cargando....
Concello de Lugo
28/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro de Convivencia de Fingoi organiza actividades relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas


# Luns, 13/05/2013


O Centro de Convivencia de Fingoi organiza un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas 2013 e que este ano se adican ao escritor Roberto Vidal Bolaño. Así, o día 29 de maio ás 10:00 horas, a través da Axencia de Lectura do Centro, levaranse a cabo unhas lecturas dramatizadas baseadas na obra de Vidal Bolaño Animaliños e que estará dirixida por Paloma Lugilde. Dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade, animan e invitan a todas as persoas a participar na actividade.

Outra das actividades programadas polo Centro Convivencia Fingoi é a actuación da Orquestra de Frautas de Galicia o día 19 de maio ás 19:00 horas no salón de actos do centro. Esta orquestra está formada por profesores e alumnos de Conservatorios de Galicia e dirixida por Salvador Espasa Cháfer.

Excursión
O día 28 de maio dende o Centro de Convivencia de Fingoi tamén se organiza mediante o programa Descubrindo Galicia, unha visita a Samos e zonas do entorno do Camiño de Santiago. O prazo para inscribirse é do 13 ao 24 de maio por orde de solicitude e ten unha cota de 4,12 euros. O número de prazas é de 49.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova