Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A próxima semana ábrese o prazo para solicitar as axudas por concorrencia competitiva para as asociacións sen ánimo de lucro


# Martes, 14/05/2013
Ata o 6 de xuño tamén está aberto o prazo para solicitar as axudas para o uso de taxis adaptados

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá que a próxima semana, despois da publicación no DOG, abrirase o prazo da convocatoria para o exercicio 2013 de subvencións por concorrencia competitiva para asociacións sen ánimo de lucro.

Segundo manifestou, González Abelleira, estas asociacións deben desenvolver a súa actividade no eido dos servizos sociais para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo estes programas e actividades de conformidade coas bases establecidas. Ademais deben estar legalmente constituídas e domiciliadas no Concello de Lugo.

A Concelleira lembrou que “o obxectivo é a concesión de subvencións por parte do Concello de Lugo, a entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento, durante o ano 2013, de programas e actividades que beneficien a colectivos en situación de desvantaxe”. Así, terán prioridade aquelas que traballen con menores de 25 anos demandantes do primeiro emprego e que presenten fracaso escolar, persoas desempregadas de longa duración, familia, infancia, persoas maiores, discapacitadas ou reclusos que viven nunha situación de desigualdade.


Axudas taxis adaptados
Ana González Abelleira, tamén lembrou que ata o 6 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas económicas para persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado.

Este ano destínanse para esta axuda 9.000 euros dos cales, cada solicitante, poderá optar a un máximo de 800 euros. As subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, están orientadas para as persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade que precisen dun taxi adaptado e que non teñen os recursos económicos para poder usalo. Para isto, os interesados, poderán entregar as solicitudes no rexistro do Concello ata o día 6 de xuño.

Ana González Abelleira destacou que “dende o Concello somos conscientes dos problemas que teñen as persoas con discapacidade e, por iso, seguimos loitando e aproveitando os recursos económicos para que teñan unha vida máis agradable e fácil”.

Solicitudes na Sede Electrónica "Tramita na túa casa"
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova