Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O 24 de maio comeza a Escola Municipal de Verán de Ciclismo Infantil e de Mountain Bike que durará ata outubro


# Martes, 14/05/2013
Está dirixido a nenos e nenas de entre 10 e 16 anos que coñecerán aspectos técnicos e deportivos do ciclismo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polo Presidente do Club Ciclista de Lugo, José María Seijas Fernández, e o responsable técnico do club, Santiago Seijas Alfonso, presentaron a Escola de Ciclismo Infantil de Verán.

Serán dúas novas escolas, unha de ciclismo de estrada, e outra de mountain bike, que se levaran a cabo baixo a supervisión de técnicos do Club Ciclista Cidade de Lugo.

Díaz Grandío destacou que se trata “dunha actividade para a época de verán e para animar aos rapaces para que collan a bicicleta ademais de desfrutar da natureza e deste deporte e de ser unha nova oportunidade de ocio na cidade.”

Pola súa parte, Santiago Seijas Alfonso, sinalou que “intentamos potenciar un deporte que se considera minoritario pero seguir incidindo na formación dos rapaces neste deporte”.
Desta maneira, créase unha nova Escola de ciclismo infantil para nenos e nenas de entre 10 e 14 anos, que está prevista realizala todos os venres de 16:30 a 18:30 horas a partir do 24 de maio no aparcamento de Decathlon de Lugo. Para acudir a ela, non fará falta apuntarse previamente e haberá a disposición dos nenos e nenas varias bicicletas de estrada para que se acostumen e coñezan como se anda nela.

Tamén como novidade é a creación dunha Escola de Ciclismo de Mountain Bike, que terá lugar os sábados de 10:30 a 13:00 horas e dirixido a nenos e nenas de entre 12 e 16 anos na mesma zona da cidade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova