Cargando....
Concello de Lugo
17/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou o nomeamento de Manuel Núñez como Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá


# Mércores, 15/05/2013
Luis Álvarez tamén informou dos acordos en materia de xestión urbanística e e de servizos

Imaxe Asociada
O Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrados esta mañá e do que destacou o nomeamento de Manuel Núñez como membro da Xunta de Goberno Local e como Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá.

A área de goberno de Manuel Núñez abrangue as materias relativas a información e atención á cidadanía e participación, defensa de usuarios e consumidores, atención á saúde, sanidade e protección pública, tarxeta cidadá, estatística e padrón municipal e cemiterio.

Outro dos temas aprobados na Xunta de Goberno Local foi a prórroga por un ano para o contrato da entidade adxudicataria do servizo de prestación das actividades extraescolares e complementarias levadas a cabo pola Concellería de Educación nos colexios públicos do Concello de Lugo, con un gasto de 236.280 euros.

Do mesmo xeito, tamén se aprobou a prórroga polo prazo dun ano e cun gasto anual de 410.029 á entidade adxudicataria do servizo público municipal do Centro de Día Novo Antonio Gandoy, que durante o ano 2012 atendeu a 65 persoas. O obxectivo xeral do centro de día é prestar atención integral, en xornada diúrna, a aquelas persoas maiores que aínda faltos da suficiente autonomía persoal, manteñen un medio de vida familiar suficiente ou un contorno social que lles serve de apoio e que non lles fai precisar o seu ingreso nunha residencia para maiores.


Xestión Urbanística
Luis Álvarez tamén informou do asuntos relacionados coa área de Urbanismo que se aprobaron na Xunta de Goberno Local e dos que destacou, entre outros, a aprobación da licenza de obra solicitada polo Círculo das Artes para o acondicionamento e urbanización exterior e posta en valor dos restos arqueolóxicos atopados durante as obras de rehabilitación e ampliación do edificio.

O responsable de Urbanismo fixo referencia ao acordo para desestimar o recurso de reposición presentado polos donos do edificio número 12 da Praza de Santo Domingo e no que se solicitaba a suspensión da orde de desaloxo xa que os informes técnicos non aconsellan o regreso dos inquilinos ata que se leve a cabo unha rehabilitación do edificio.

Neste sentido, tamén se acordou iniciar o expediente de ruína do inmoble anexo ao número 17 da Praza do Ferrol, pero situado na parte traseira, ao estar nunha mala situación de conservación e do que xa se produciron desprendementos ademais de requirir á propiedade que aporte a documentación acreditativa da titularidade do inmoble.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova