Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde defende os investimentos na Universidade e a contribución da institución académica no desenvolvemento de Lugo e de Galicia


# Mércores, 15/05/2013
López Orozco participou na celebración do 25º aniversario da titulación de Enxeñería Agronómica

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Universidade celebrou hoxe un acto institucional para conmemorar este aniversario, que presidiu o Reitor

O Alcalde, José López Orozco, participou hoxe no acto institucional organizado pola Universidade para conmemorar o 25º aniversario da titulación de Enxeñaría Agronómica, que presidiu o Reitor da USC, Juan Casares Long.

O acto, que se celebrou no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior, tamén contou coas intervencións da Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez; da Directora Xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa; do Director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno, e do Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Victor Tello.

O Alcalde destacou, na súa intervención, o compromiso do Concello de Lugo co desenvolvemento da Universidade que se pon en evidencia na colaboración que presta a administración municipal a todas as solicitudes que lle fai a institución académica. Así, salientou a cesión dunha parcela municipal en San Fiz que lle permitirá á Escola Politécnica Superior dispor, por primeira vez, dunha finca estable para a realización das prácticas.

López Orozco salientou tamén a importancia que ten para o futuro da nosa cidade e do conxunto de Galicia a Universidade, polo que defendeu a necesidade de que non diminúan os investimentos que se fan nela.

A titulación de Enxeñaría Agronómica da USC púxose en marcha no curso 1987-1988 na Escola Politécnica Superior de Lugo, que foi o quinto centro universitario de España en dispor desta carreira. Precisamente este ano é o último no que se imparte a titulación no actual formato, xa que coa implantación do plan Bolonia modificaranse estes estudos universitarios.

Con motivo do 25ª aniversario da titulación de Enxeñaría Agronómica da USC pronunciou unha conferencia o Enxeñeiro Agrónomo do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia Jesús Collar Urquijo, que falou sobre “Sanidade vexetal e seguridade alimentaria”. Tamén tivo lugar o acto de entrega dos Premios Fin de Carreira e insignias aos recentemente titulados.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova