Imprimir

O XII OPEN AUTONÓMICO DE PESCA INFANTIL E XUVENIL MEMORIAL MANOLO ROUCO CELÉBRASE MAÑÁ VENRES 17


16/5/2013 A cita deportiva terá lugar no Club Fluvial dende as 10.00 e ata as 13.30 horas

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora coa Sociedade de Pesca A Venatoria na organización do XII Open Autonómico de Pesca Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco.

Esta cita deportiva terá lugar mañá venres 17 de maio no Club Fluvial co seguinte horario:

10:00.- Presentación e adxudicación de postos
11:00.- Comezo da proba
13:00.- Final do concurso e pesaxe
13:30.- Proclamación dos campións e entrega de trofeos

Ata o de agora hai máis de 45 inscritos, o prazo de inscrición remata o mesmo día ás 09:00 horas. Os interesados en participar poden anotase no Club Fluvial de Lugo.