Cargando....
Concello de Lugo
16/06/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello realizará mañá traballos de comprobación do estado do firme na Ronda das Fontiñas o que obrigará a facer cambios no tráfico e no estacionamento de vehículos


# Mércores, 22/05/2013


Habilitarase con dobre sentido de circulación a calzada da esquerda nos treitos Carril dos Indios-Escalinata de Paxariños e Carril do Xuízo-Carril das Encrucilladas

O estacionamento de vehículos quedará prohibido na calzada da esquerda e eliminarase parcialmente na da dereita



O Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, anunciou que este xoves realizaranse cortes de tráfico en dous treitos da Ronda das Fontiñas para realizar traballos de comprobación do estado do firme desta vía.

A Concellería de Infraestruturas e Medio Rural ten previsto realizar mañá, durante todo o día, estes ensaios no firme da Ronda das Fontiñas o que obrigara a facer os seguintes cambios no tráfico na zona:

Vaise realizar un desvío de tráfico que afectará á circulación de vehículos en dirección cara a Avenida de Madrid nos seguintes treitos: Carril dos Indios - Escalinata de Paxariños e Carril do Xuízo - Carril das Encrucilladas.

Tomando como referencia o sentido da circulación cara a Avenida de Madrid, quedará cortado o tráfico de vehículos pola calzada da dereita e habilitarase con dobre sentido de circulación a calzada da esquerda.

Para facilitar este cambio do tráfico, suprimirase o estacionamento de vehículos nas dúas marxes da calzada esquerda e eliminarase parcialmente o estacionamento na calzada dereita.

O obxectivo destes ensaios, que comezarán ás 8.00 horas, é poder determinar con precisión o estado do firme da explanada como paso previo ó proxecto que ten previsto redactar a Concellería de Infraestruturas e Zona Rural para reparar a calzada.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova