Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PRESIDIU A ENTREGA DOS DIPLOMAS AOS NENO E NENAS PARTICIPANTES NO CURSO PRIMAVEIRA SEGURA


20/5/2013 Nesta edición participaron 60 rapaces que recibiron hoxe os seus diplomas e agasallos e que traballaron no coñecemento da educación vial

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, clausuraron hoxe os cursos de educación viaria Primaveira Segura no Parque Infantil de Tráfico, que impartiu o Concello de Lugo en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.
No acto de clausura dos cursos estiveron presentes, entre outras autoridades, a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero, o Xefe do Parque de Tráfico, José Reigosa, e representantes da corporación.
O Alcalde de Lugo pediulles aos rapaces que “ poñan en práctica o aprendido e destacou a importancia da educación vial nos máis pequenos xa que ademais de aprender a respectar as normas tamén aprenden a respetar aos demais”. Neste sentido, destacou que son un cursos xa consolidados e cunha gran aceptación.
Pola súa parte, Paula Yubero sinalou que “os nenos e nenas teñen que poñer en práctica todo o que se lles ensinou e lembrarlles aos máis maiores o que se debe facer”. Así como incidiu en que “é xusto nos momentos previos de convertirse en conductores e usuarios da vía cando hai que incidir na educación e na importancia que ten desde o punto de vista familiar e social o tratar de reducir os accidentes de tráfico mediante a educación”.
Nos cursos participaron 60 rapaces de 6 a 12 anos de idade. A primeira franxa, de oito a catorce anos, fixeron cursos de condución de karts e bicicleta; mentras que na segunda, de quince e dezaseis, fixérono en ciclomotor. O obxetivo de ditos cursos é formar aos rapaces e rapazas lucenses para que coñezan as normas de circulación e fomentar así a seguridade cidadá.