Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe comezan as charlas sobre o leite que bebemos no Centro Convivencia da Milagrosa


# Xoves, 23/05/2013
Impartidas pola Presidenta do Colexio de Veterinarios de Lugo serán todos os días ás 18:30 horas

A Concellería de Benestar Social e Igualdade en con colaboración co Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo organizan unhas charlas informativas sobre a calidade do leite dentro das actividades de animación sociocultural.

Así, baixo o lema Sabemos que leite bebemos?, a Presidenta do Colexio de Veterinarios, Ana María López Pombo, informará aos asistentes das características do leite como alimento e as diferenzas existentes entre os diversos tipos de leite que se poden atopar no mercado. Ademais tamén se explicará o significado dos distintos símbolos que aparecen nos envases do leite.

Estas charlas informativas, que comezarán sempre ás 18:30 horas terán unha duración de 35 minutos máis o debate posterior. Levaranse a cabo o día 29 de maio no Centro Convivencia de Fingoi, o 13 de xuño no Centro Convivencia María Balteira e o 21 de xuño no Centro de Convivencia do Uxio Novoneyra. En todos os casos a entrada é libre e gratuíta.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova