Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Ministerio de Xustiza terá que indemnizar con 100.000 euros ó Concello de Lugo polo retraso na tramitación dun pleito


# Xoves, 23/05/2013


O  Concello de Lugo vén de gañar un pleito fronte ó Ministerio de Xustiza. Na resolución da Audiencia Nacional, notificada hoxe, recoñécese o dereito do Concello a recibir, en concepto de indemnización por anormal funcionamento da Administración de Xustiza, a cantidade de 99.494,63 euros máis as costas do procedemento.

A Audiencia Nacional ditou unha sentenza na que estima a demanda do Concello contra o Ministerio de Xustiza por un retraso excesivo na tramitación dun proceso xudicial, que deu lugar a un quebrando nas arcas municipais.

Segundo a debandita sentenza, basada, entre outros feitos, nun recoñecemento expreso do Consello Xeral do Poder Xudicial, produciuse unha paralización inxustificada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que provocou un “alargamiento del proceso” que supuxo “una lesión”, da que “ha de hacerse responsable el Estado”.

Concretamente, o Consello Xeral do Poder Xudicial informou que “apreciaba la existencia de un anormal funcionamiento de la Administración de Justicia como consecuencia de la paralización infustificada de los autos judiciales en el incidente de nulidad promovido ante el Tribunal Superior de Justicia de Galicia desde el 28-10-2004 hasta el 7-2-2007”.

Os feitos agora enxuizados, producíronse en relación cun contrato laboral resolto polo Concello a un dos seus traballadores, traballador que acudiu, no seu día, á vía contencioso-administrativa e a vía laboral. O Xulgado do Social viuse forzado a suspender durante dous anos o seu procedemento debido á dilación en resolver o orde contencioso. Todo eleo derivou no pago dunha cantidade de salarios de tramitación por parte do Concello que non se terían producido de non ser polo retraso inxustificado en resolver o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova