Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festival de Música Cidade de Lugo, que organizan o Concello e a Sociedade Filarmónica coa colaboración da Deputación


# Xoves, 23/05/2013


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Ofrecerá este ano 15 grandes concertos do 26 de maio ó 12 de xuño no MIHL, o Auditorio, o Círculo das Artes, a Casa do Saber, a Capela de Santa María, o Cemiterio de San Froilán, a Igrexa de Santiago A Nova e na Praza Maior

Felicity Lott e “La nemica d´Amore fatta Amante” son algúns dos grandes atractivos da XLI Semana de Música do Corpus de Lugo


Tamén actuarán a Real Filharmonía de Galicia, haberá un concerto-conferencia do pianista Xoán Elías Castiñeira e música estocástica composta seguindo fórmulas matemáticas, entre outros espectáculos de primeiro nivel

Durante os 15 días que durará o Festival poderemos desfrutar en Lugo de todos os estilos da música culta, dende a sinfónica, de cámara, lírica, coral, barroca, antiga, ballet e unha pequena ópera


O Alcalde de Lugo, José López Orozco; a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre; a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e o Director da Sociedade Filarmónica de Lugo, José Luis Díaz, presentaron este xoves a XLI Semana de Música do Corpus Festival de Música Cidade de Lugo.

O Alcalde destacou que a Semana de Música do Corpus “é unha tradición que xa ten 41 anos e para nós é un orgullo e unha obriga se siga mantendo esta extraordinaria obra cultural”. Tamén destacou que “contamos coa colaboración de moitas entidades e institucións, como é a Deputación provincial, e por iso podemos presentar un programa que levará a mellor música a todos os recunchos da nosa cidade”.

A Concelleira de Cultura anunciou que o Festival de Música Cidade de Lugo consta este ano de 15 concertos protagonizados por grandes estrelas do panorama musical internacional, galego e lucense, dos que poderemos desfrutar entre o 26 de maio e o 12 de xuño.

Basadre destacou que a Semana de Música do Corpus traerá a Lugo á Real Filharmonía de Galicia; tamén haberá lírica con estrelas como Felicity Lott e Joana Seara, actuarán o pianista Boris Berman e o xoven pianista lugués Xoán Elías Castiñeira que ofrecerá un concerto-conferencia. Haberá, ademais, ballet a cargo do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e actuará a Grupo Vocal de Lugo Solo Voces. No programa inclúese tamén música estocáustica, que é unha nova corriente estética nacida no século XX, unha nova forma de pensar e interpretar a música a partir das matemáticas

Carmen Basadre salientou que “queremos que este tipo de música, chamada culta e que estaba prohibida para moitos petos, sexa accesible para todos, para todas aquelas persoas que a queiran disfrutar e por iso en Lugo a entrada é libre”.

O Festival comezará co 26 ciclo de músicas corais, que terá lugar na Igrexa de Santiago A Nova, onde actuarán as corais de Lugo e, por primeira vez, tamén haberá concertos no MIHL, no Cemiterio de San Froilán, e na Capela de Santa María. Outros escenarios do Festival serán o Auditorio Gustavo Freire, a Casa do Saber e o Círculo das Artes. Ademais, está previsto un concerto de piano na rúa que terá lugar o día 1 de xuño na Praza Maior, diante da Casa do Concello.

Pola súa parte, Regina Polín explicou que por primeira vez a Deputación colabora co Concello neste importante evento cultural como vén facendo noutros ámbitos e indicou que “por primeira vez haberá un concerto na Capela de Santa María”. Neste sentido, sinalou que a Deputación ten o propósito de que este espazo se abra a todo tipo de manifestacións artísticas.

O Director da Sociedade Filarmónica de Lugo, José Luis Díaz, agradeceu o importante esforzo que fan o Concello e os funcionarios municipais para facer posible o Festival de Música de Lugo e indicou que “non é nada fácil nestes tempos aguantar o tirón económico e non caer na tentación de reducir presupostos”.

Tamén explicou José Luis Díaz que o programa presentado hoxe responde á idea de que “conteña a maior variedade posible de música culta e intentar abarcar todos os estilos musicais, tanto a música sinfónica, como a de cámara, lírica, coral, barroca, antiga, ballet, unha pequena ópera, todo concentrado nas dúas semanas que dura o Festival”.

Sinalou tamén que trala celebración do Ciclo coral, o 31 de maio, no Círculo, ofrecerá o primeiro concerto a Real Filharmonía de Galicia, que actuará baixo a batuta dun director convidado, Ivor Bolton, que dirixiu as mellores orquestras do mundo. Tamén no Círculo actuarán o pianista de renome mundial Boris Berman, Ludovice Ensemble, coa soprano Joana Seara, así como Felicity Lott e poderemos ver a montaxe dunha pequena ópera “La Nemica d´Amore fatta Amante”, que interpretarán a soprano María Espada, o contratenor Martín Oro e o barítono Furnio Zanasi. O pianista Xoán Elías Castiñeira actuará na Casa do Saber, a Camerata Bocherini farao na Capela de Santa María, no Auditorio poderemos ver ós Grupos de danza do CDAN, no Cemiterio de San Froilán o Conxunto de ventos histórico Pavana dolorosa, o Grupo Vocal Sólo Voces actuará na Igrexa da Nova. E no Mihl actuará o grupo In Black Cage Ensemble.


Programa

31 de mayo - Círculo das Artes - 20:30 h
Real Filharmonía de Galicia
Ivor Bolton, director
Beethoven, Hindemith, Stravinski y Haydn

1 de junio - Capela de Santa María - 21:00 h
Camerata Boccherini
Massimo Spadano, dirección
Concerti e Sonatas / Vivaldi, Brescianello, Couperin y Handel

3 de junio - Círculo das Artes - 20:30 h
Boris Berman, piano
Debussy / Chopin

4 de junio - Círculo das Artes - 20:30 h
La Nemica d’Amore fatta Amante (G. Bononcini)
Vespres d’Arnadí (Orquesta barroca)
María Espada (soprano)
Martín Oro (contratenor) y Furio Zanasi (barítono)

5 de junio - Círculo das Artes - 20:30 h
La Tempestad
Sinfonías de bolsillo. F. J. Haydn y W. A. Mozart

6 de junio - Casa do Saber da USC - 20:30 h
Xoán Elías Castiñeira, piano
Las Variaciones Goldberg. Concierto-conferencia
Homenaje a Rosalyn Tureck (1913-2003)

7 de junio - Auditorio Municipal Gustavo Freire - 20:30 h
Giselle / Mahimata. Gupos de danza do CDAN

8 de junio - Cementerio de San Froilán - 19:30 h
il Combattimento – Conjunto de vientos históricos
Pavana dolorosa. Músicas del XVI: Holborne, di Lasso, Janequin

8 de junio - Iglesia de Santiago A Nova - 21:00 h
Grupo Vocal Sólo Voces
Missa Pro Defunctis a 5 – Cristobal de Morales

10 de junio - Círculo das Artes - 20:30 h
Ludovice Ensemble de Lisboa
Joana Seara, soprano
O Texo Festivo. Música para la Corte de Lisboa

11 de junio - Círculo das Artes - 20:30 h
Felicity Lott
Felicity’s Favorites. Lied, song & melodie

12 de junio - MIHL - 20:30 h.
In Black Cage Ensemble
Estocástica. Stockhausen, Xenakis y Alberto Posadas

Ciclo de Música Coral: Igresa de Santiago A Nova - 26 de maio (18:30) Cantar Delas,
28 de maio (20:45) Conxunto Vocal LUGH, 2 de xuño (20:45) Schola Gregoriana Lucensis.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova