Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O X Ralli Cidade de Lugo aumenta a participación e reunirá a máis de 75 automóbiles clásicos


# Venres, 24/05/2013
A proba desenvolverase o vindeiro domingo 26 de maio na Praza Maior da cidade

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Graham Martin e Carlos Somoza, membro da Asociación Lucense de Coches Antigos e Clásicos, presentaron o X Rali Cidade de Lugo que se celebrará o vindeiro domingo 24 de maio. Esta proba, que se celebra por décimo ano consecutivo, desenvolverá unha ruta turísticas pola estradas de Lugo a Friol, na que os participantes deberán cubrir unha serie de preguntas para obter puntos no que participan os coches máis antigos e dos que hai 45 coches participantes.

Por outro lado, tamén se vai celebrar un ralli de regularidade que partirá de Guitiriz e discurrirá polas carreteras da provincia ata preto de Portomarín e Lugo. Nesta proba tamén colaboran os pilotos lucenses Sergio e Diego Vallejo. Ambas probas teñen o seu final na Praza Maior de Lugo entre as 13:30 e as 14:30 horas.

Ese mesmo día, dende as 13.00 horas haberá unha gymcana na que participarán varias motos que terán que realizar unha serie de probas de habilidade rememorando as dos anos 50 e 60.

Jose Manuel Grandío destacou que “este ano se desenvolveran actividades novedosas que farán aínda máis atractiva a xuntanza e quero agradecer aos membros da asociación o esforzo que fan un ano mais para levar a diante esta actividade.”

No mesmo sentido, Carlos Somoza, explicou que “con esta competición procuramos certa continuidade xa que o entendemos como un elemento cultural, por iso, dende o ano pasado, tratamos de evitar a competición e facelo máis divertido e para que participe toda a familia”.

A carreira convocará na cidade a mútiples coches antigos, algúns tan míticos como o Porsche Carrera 911, o Gordini, o BMW 2002TI ou os clásicos Mercedes, o Mini ou o Renault 8 que farán as delicias dos lucenses que se acheguen a saída para contemplar a súa beleza, algúns considerados aunténticas xoias do coleccionismo de automóbiles.

Este ano batirase un récord de participación ao contar con máis de 80 inscritos. Os condutores teñen que amosar as súas habilidades e a destreza na condución nun percorrido de 60 quilómetros, no que ademais cada certos quilómetros deberán responder a unha serie de preguntas culturais sobre o municipio.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova