Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Club de lectura do Centro de convivencia Fingoi organiza lecturas dramatizadas da obra "Animaliños", de Vidal Bolaño


# Luns, 27/05/2013


A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, organiza, a través do departamento de Animación Sociocultural unhas lecturas dramatizadas da obra de Roberto Vidal Bolaño “Animaliños”, que terán lugar este mércores, día 29 de maio, no Centro de Convivencia Fingoi.

A actividade, organizada con motivo do Día das Letras Galegas, desenvolverase a partir das 10 da mañá.

As lecturas dramatizadas da obra do autor ó que se lle adicou o Día das Letras Galegas serán dirixidas Paloma Lugilde e intrepretadas polas/os integrantes do Clube de lectura do Centro de Convivencia Fingoi.

Esta é unha actividade libre e aberta a todas as persoias que queiran participar nela.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova