Cargando....
Concello de Lugo
05/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aproba o adianto de 600.000 euros ao CD Lugo con garantías de devolución


# Luns, 27/05/2013
Esta medida está motivada pola necesaria conversión do clube en Sociedade Anónima Deportiva para manterse na Segunda División

Imaxe Asociada
López Orozco salientou que esto se pode facer porque o Concello dispón de remanentes de tesourería que acreditan a boa xestión

A Xunta de Goberno Extraordinaria celebrada esta mañá aprobou iniciar o expediente de modificación orzamentaria por importe de 600.000 euros para posibilitar que o CD Lugo se constitúa como Sociedade Anónima Deportiva e se manteña en Segunda División, a través da adquisición de accións do clube.

López Orozco informou que esta opción é posible ao ter o Concello de Lugo unha boa situación económica e dispor de remanente de Tesourería. Pero tamén anunciou que “deberán ser devoltos na súa totalidade antes de finais de ano a través de diferentes cauces” remarcando que de non facelo “podería ter consecuencias moi negativas para a cidade xa que se produciría un perxuízo en termos de difusión e promoción económica, social e deportiva”.

A vía de devolución será a través dunha entidade dependente do propio clube que deberá aportar a cantidade íntegra antes do 31 de decembro de 2013 e, no suposto de que non se produza o Concello descontará a cantidade da axuda outorgada anualmente nas subvencións aos clubes deportivos durante os próximos tres anos.

Desta maneira, o Concello de Lugo, cumpre co apoio necesario para que o CD Lugo se manteña na categoría e poida seguir coa súa condición tanto de vehículo de difusión e promoción da cidade como do deporte de base entre a mocidade.

Este acordo deberá ser aprobado en Pleno extraordinario no que, por acordo dos tres grupos municipais, os membros da Corporación que acudan non cobrarán as dietas correspondentes a asistencia do mesmo.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova