Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA UNHA XORNADA DE XESTIÓN POR PROCESOS E CADRO DE MANDO INTEGRAL QUE SE CELEBRARÁ O XOVES NO CEI-NODUS


28/5/2013

A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos organiza unha Xornada sobre Xestión por procesos e cadro de mando integral que terá lugar o vindeiro xoves, día 30 de maio, no CEI-Nodus.

Na Xornada explicarase o programa do IGAPE denominado Re-Acciona de prestación de servizos avanzados, financiado polos fondos Feder, que ten por obxecto mellorar a competividade empresarial das pemes galegas.

O servizo de Xestión por procesos e de cadro de mando integral ten os obxectivos de dotar á organización dun cadro de mando integral, a través dun sistema de obxectivos e indicadores que permitan a toma de decisións do equipo directivo, así como identificar e documentar os procesos e establecer un sistema de control dos mesmos.

Este proxecto facilita, ademais, alcanzar a certificación segundo a norma UNE-EN ISO 9001, para aquelas empresas que así o desexen, mentres que as organizacións certificadas consiguen aliñar a súa estratexia cos seus procesos e traducila a un conxunto de medidas estruturadas a través do cadro de mando.

A empresa especializada, Serviguide, será a encargada da súa impartición e o horario será de 10.00 a 11.30 horas.

A asistencia é gratuíta e para inscribirse ou solicitar información é preciso facelo a través do seguinte enderezo electrónico isabel.garcia@concellodelugo.org ou ben chamando por teléfono ó número 982 297 712.