Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Pleno do Concello de Lugo aproba o adianto de 600.000 euros para que o CD Lugo non descenda de categoría


# Martes, 28/05/2013
Así cúmprese co apoio necesario para que o CD Lugo se manteña na categoría e poida seguir coa súa condición tanto de vehículo de difusión e promoción da cidade

O Pleno extraordinario celebrado esta mañá aprobou a modificación orzamentaria necesaria para posibilitar que o CD Lugo se constitúa como Sociedade Anónima Deportiva e se manteña en Segunda División, a través da adquisición de accións do clube.

López Orozco sinalou durante a súa intervención que se trata dun préstamos e que  “o Concello non pode quedar alleo ante unha situación que repercute social e económicamente á cidade, ademais de que o CD Lugo ven desenvolvendo un traballo importante nos 15 equipos de diferentes categorías e nos que participan máis de 300 rapaces da cidade”.

Este acordo, cos votos a favor do Grupo Municipal do PSOE e do PP, regula ó procedemento relativo a dotación de fondos coa natureza de reintegrables na súa totalidade, co obxecto de obter o capital necesario para a transformación do Club Deportivo Lugo en sociedade anónima deportiva, coa finalidade de evitar a descenso automático á SegundaDivisión B da liga de fútbol profesional.

Desta maneira, por parte do Concello, inícianse os trámites administrativos para a dotación de fondos de natureza reintegrable na súa totalidade por un importe de 600.000,00 € co obxecto de contribuir a obter  o capital necesario para a transformación do Clube Deportivo Lugo en Sociedade Anónima coa exclusiva finalidade de evitar o descenso automático á Segunda División B da liga de fútbol profesional.

Por parte da Clube Deportivo Lugo adquiriuse o compromiso de aprobar pola Xunta Directiva e pola asamble, o presente protocolo co compromiso de que  no suposto de creación de calquera tipo de ente dependiente da SAD  ou do propio Club Deportivo, se posibilite o reintegro das cantidades aportadas polo Concello, con independencia da fórmula adoptada para dita achega. O reintegro da cantidade total aportada polo Concello de Lugo gozará da mesma condición de preferencia que as doutras administracións públicas. Neste sentido, efectuaranse as actuacións necesarias para que a execución efectiva do reintegro a favor do Concello de Lugo das cantidades aportadas, se realice no presente ano natural, de xeito que a esa data desaparecera calquera partipación do Concello no capital social da SAD.

Desta maneira, o Concello de Lugo, cumpre co apoio necesario para que o CD Lugo se manteña na categoría e poida seguir coa súa condición tanto de vehículo de difusión e promoción da cidade como do deporte de base entre a mocidade.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova