Imprimir

LUGO SÚMASE A UN PROXECTO COAS DEPUTACIÓNS DA CORUÑA E ALMERÍA E O MUNICIPIO PORTUGUÉS DE ÁGUEDA QUE OPTA A FINANCIACIÓN EUROPEA PARA O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NO FOMENTO DO EMPREGO NA ZONA RURAL


29/5/2013 O Concello adica 25.000 euros a unha iniciativa para investir 100.000 euros na zona rural de Lugo

A Xunta de Goberno tamén aprobou a rescisión do contrato da explotación da publicidade nos autobuses urbanos

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, anunciou hoxe que o Concello de Lugo aprobou adicar 25.000 euros a financiar unha nova edición do proxecto PARNET-TIC para facilitar á poboación da zona rural o acceso á búsqueda e creación de emprego e autoemprego a través das novas tecnoloxías.

Álvarez explicou que a Xunta de Goberno Local tomou hoxe este acordo co que o Concello de Lugo atende unha invitación que lle fixo a Deputación da Coruña para participar neste proxecto xunto coa a Deputación provincial de Almería e a Cámara Municipal de Águeda (Portugal).

Esta iniciativa, presentada á Comisión Europea dentro do proxecto PARNET-TIC dispón dun presuposto total de 498.433 euros repartidos en dúas anualidades (2013 e 2014), dos que subvenciona o 75% a UE e o 25% o resto dos socios.

O investimento previsto para o municipio de Lugo é de 100.000 euros (25.000 euros este ano e 75.000 o ano que vén) e a achega que lle corresponde ó Concello é de 25.000 euros (6.250 en 2013 e 18.750 no 2014).

Acaba o contrato de publicidade nos buses

A Xunta de Goberno tamén acordou resolver o contrato coa empresa encargada da explotación da publicidade nos autobuses urbanos, dado que a vixencia deste contrato rematou o 16 de maio.

O Voceiro do Goberno local explicou que o Concello desestimou a solicitude da empresa de que lle fora prorrogado o contrato como se fixo co do servizo do transporte público xa que “non é obrigatorio que os buses leven publicidade e sí é unha obriga legal para o Concello seguir prestando o servizo de transporte público de viaxeiros”.

Tamén explicou que coa finalización deste contrato nas datas previstas no mesmo e ata que se produza a nova adxudicación suporá que o Concello deixe de percibir os ingresos derivados da explotación da publicidade nos autobuses urbanos.

Urbanismo

A Xunta de Goberno acordou tamén a declaración de ruína técnica do inmoble situado no número 175 da rúa Illas Canarias e ordénaselle á propiedade a presentación, no prazo de tres meses, do correspondente proxecto técnico de demolición e, no caso de non facelo, procederase á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

Tamén na área de Urbanismo, foron aprobadas tres ordes de execución de obras noutros tantos inmobles.

Una delas afecta ó número 48 da Ronda da Muralla, á que se lle impón a sexta multa coercitiva polo importe de 6.000 euros ó non ter realizado as actuacións pertinentes e requírese á propiedade a retirada das lousas da cuberta que ofrecen perigo de desprendemento sobre a vía pública.

Tamén se aprobou a imposición de sendas multas por importe de 4.000 euros, nos dous casos son as terceiras, os propietarios dos inmobles números 1 da rúa Fonmiñá e 66 da rúa Serra de Meira, por non ter realizado as obras ordenadas relativas á restauración da carpinteiría, limpeza de vexetación e retirada de elementos soltos, co requeirmento de que proceda a cumprir a orde de execución de obras.