Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Auditorio Gustavo Freire acolle este domingo a Rosalía no 150 aniversario dos seus "Cantares Gallegos"


# Xoves, 30/05/2013
Unha única representación de Sarabela Teatro leva ás táboas a fermosura dos poemas rosalianos e o misterio da súa novela "El caballero de las botas azules"

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Sarabela Teatro regresa ás táboas do Auditorio Gustavo Freire cunha única representación de "Rosalía, os cantares das musas", coa colaboración do Concellode Lugo e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta.

A representación terá lugar este domingo, día 2 de xuño, ás 20.30 horas, protagonizada por Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Elena Seijo e Sabela Gago baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda, quen é tamén responsable da dramaturxia feita para trasladar por primeira vez en Galicia os poemas de "Cantares Gallegos" e a narrativa de Rosalía, á linguaxe teatral.

O espectáculo, producido pola compañía ourensana,  foi estreado en Ourense o pasado 24 de maio, e tamén se poderá ver noutras catro cidades galegas, Ferrol, A Coruña, Santiago e Pontevedra.

Segundo explica a compañía, trátase dunha homenaxe teatral que pretende redescubrir para os espectadores as múltiples caras da obra de Rosalía de Castro no ano no que se conmemoran os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, apertando xéneros e colocando en primeiro termo a novela "El caballero de las botas azules", unha incursión na narrativa da autora galega pouco coñecida polos lectores pero de grandísima altura.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova