Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O II Encontro sendeirista "Lucus a pé" percorrerá o día 9 de xuño os principais atractivos naturais e culturais do concello


# Xoves, 30/05/2013
A Sociedade Micolóxica agarda que nesta segunda edición participen máis de  600 persoas de diferentes lugares como Asturias ou Castela e León

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e os representantes da Sociedade Micolóxica Lucus, Manuel Flores e Manuel Fernández, presentaron a segunda edición do encontro sendeirista e cultural Lucus a pé que se celebrará o domingo 9 de xuño.

Desta maneira, agárdase que máis de 600 persoas percorran os 18,3 quilómetros e que os levará polos principais atractivos naturais e culturais do Concello de Lugo, saíndo da Praza Maior e visitando os restos arqueolóxicos para rematar polas zonas verdes dos parques do Rato e do Miño.

Carmen Basadre destacou que “esta actividade é unha oportunidade única para dar a coñecer os nosos valores culturais e naturais e captar a atención de futuros turistas para a nosa cidade” en referencia a que nela participan membros de asociacións de Asturias ou Castela e León.

Os participantes sairán da Praza Maior ás 10 da mañá e percorrerán algúns dos principais atractivos naturais e culturais de Lugo (piscina romana de Santa María, Muralla, paseos do Miño e o Rato, Camiño Primitivo). O avituallamento estará situado á altura da ponte romana. Pola tarde, os participantes visitarán os museos municipais e o Centro de Interpretación da Muralla, segundo explicou Manuel Fernández.

O II Encontro sendeirista e cultural Lucus a pé é un evento que ten como obxectivo fundamental achegar e difundir os valores culturais e paisaxísticos da cidade de Lugo e o seu ámbito a través do sendeirismo.

Unha ruta con dificultade baixa
O Lucus a pé comezará ás 10 da mañá coa reunión e recepción dos participantes na Praza Maior onde se lles dará a benvida por parte dos organizadores e as autoridades públicas colaboradoras. Iniciarase a ruta pasando pola Piscina Romana de Santa María e pola Catedral, ata chegar á Muralla Romana pola porta de Santiago onde os participantes serán interceptados por unha comitiva de lexionarios romanos (acto de recreación histórica desenvolvido pola Asociación Terra Cópora) que farán entrega de un salvoconduto para continuar camiñando pola cidade.

Continuará a marcha polo adarve da Muralla ata saír da cidade cara ao paseo do Río Rato e posteriormente ao paseo do Río Miño percorrendo parte do mesmo polas súas dúas beiras, pasando a carón da ponte e termas romanas e atravesando as magnificas paraxes, carballeiras e bosques de ribeira que nos ofrece o Miño ao seu paso por Lugo. O percorrido concluirá no espazo verde fronte ao Pazo de Feiras e Congresos onde terá lugar a comida de campo a base de produtos de Lugo, tamén amenizada polo son das gaitas.

A inscrición é gratuíta para asociacións e de cinco euros para persoas a título individual con dereito a xantar e libre e gratuíta para aquelas persoas que leven a súa comida. As inscricións poden formalizarse a través da páxina web www.smlucus.org/lucusape .


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova