Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco visitou o horto escolar do CEIP Anexa que cultivan os nenos e nenas de educación infantil


# Venres, 31/05/2013
Por primeira vez, todos os colexios públicos e as escolas infantís municipais participan nesta iniciativa que foi recoñecida e incluída pola Asociación Internaciona de Cidades Educadoras

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixeron esta mañá unha visita ao horto escolar do CEIP Anexa, que forma parte da rede de hortos escolares que fomenta o Concello de Lugo.

López Orozco salientou que “por primeira vez todos os colexios públicos da cidade participan neste proxecto no que se involucran os profesores e que fai posible que os nenos e nenas se acheguen dunha maneira participativa ao medio ambiente”.

O programa de “hortas na escola” comezou a realizarse durante o curso 2001-02, como programa experimental, levándose a cabo en catro centros educativos do Concello. Neste momento, trátase dunha actividade completamente asentada en 14 centros de educativos e nas 4 escolas municipais do noso Concello.

O obxectivo é achegar aos nenos e nenas de educación infantil ao contorno natural, formando parte dos ciclos naturais e intervindo nos mesmos de xeito directo e activo, é o principal obxetivo do horto escolar. Esta actividade é unha experiencia na que se pode participar en calquera etapa da vida, pero é nas primeiras etapas educativas, onde a estimulación e o desenvolvemento dos sentidos é máis importante. Por este motivo, esta actividade supón un recurso educativo de grande interese, xa que permite, que nenos e nenas de curta idade, poidan vivir, experimentar e gozar do traballo no contorno natural, intervindo nel, dun xeito consciente e responsable.

O programa iníciase en xaneiro e remata en xuño ca recollida dos cultivos. As actividades estarán organizadas tendo en conta os ciclos da natureza, elixindo aqueles cultivos máis apropiados para cada época e coa fin de que tódolos cultivos se recollan no mes de xuño. Ademais intercalaranse obradoiros para a transformación dos produtos do horto e outros de consumo cotiá máis elaborados (obradoiro de cociña, repostería, colonias, sales de baño, velas,..)

Esta experiencia foi recoñecida e incluída pola Asociación Internaciona de Cidades Educadoras dentro do seu Banco Internacional de Documentos de Cidades Educadoras, recoñecemento a nivel internacional á Lugo como Cidade Educadora e que permite a difusión da experiencia mencionada como programa innovador que serve de punto de referencia para outras cidades.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova