Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo terá lugar a proba final infantil do 13º Circuíto Larsa Corre con Nós


# Venres, 31/05/2013


Imaxe Asociada
 Este próximo domingo 2 de xuño terá lugar a proba final do 13º Circuíto Larsa Corre con Nós, nas pistas de atletismo da cidade cultural onde as diferentes categorías de menores disputarán unha proba combinada consistente nunha carreira corta seguida de lanzamento e un salto, en colaboración co Clube de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega.

Os atletas comezarán ás 12:00 horas sendo convocados no centro das pistas mentres pais e nais poden presenciar nas gradas a súa finalización. Unha vez rematadas as probas os atletas recibirán distintos obsequios a cargo dos patrocinadores e poderán participar no sorteo dunha bicicleta.

A participación estimada é de 600 atletas menores que con esta proba darán por concluída esta tempada atlética de probas cun total de oito carreiras celebradas dende o mes de novembro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova