Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adica máis de 34.000 euros a melloras no Cemiterio de San Froilán


# Luns, 03/06/2013
Unha das actuacións previstas é a creación do Xardín dos Arumes, onde se vai crear un espazo para enterramento de cinzas

A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, que dirixe Manuel Núñez, investirá máis de 34.000 euros en melloras no Cemiterio de San Froilán que inclúen a creación dun novo espazo de paz, denominado Xardín dos Arumes.
 
A Xunta de Compras autorizou hoxe a contratación de catro actuacións para levar a cabo estas melloras no Cemiterio municipal de San Froilán. Unha delas, que suporá un investimento de 1.479 euros, consistirá na creación do Xardín dos Arumes, que se dotará de arbustos de arume, tales como romeu ou lavanda, e que se destinará a enterramentos de cinzas.

Ademais, aprobouse adicar 14.964 euros á rehabilitación de cunetas, canos e salvacunetas nos viais do cemiterio necesarias para unha axeitada canalización das augas pluviais, así como para manter un axeitado estado de conservación e limpeza destas infraestruras, en consonancia coa súa promoción turística.

Tamén se autorizou un investimento de 14.900 euros para reparación da cuberta de dous módulos de nichos que están deteriorada e outra de 3.280 para a adquisición dun tractor cortacespede.
 
Outro asunto que se aprobou hoxe na Xunta de Compras foi unha reparación da cuberta e canalón na ala norte do edificio administrativo do Concello. O importe é 12.500 euros. A obra é para resolver un problema de goteiras que hay nesa zona da cuberta porque está mal parte dun canalón que se vai sustituir e lousar de novo esa zona.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova