Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco participa na solta de parrulos no parque Rosalía de Castro coincidindo coa semana na que se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente


# Luns, 03/06/2013
Trátase dunha parexa de  cada unha das oito especies diferentes de aves que foron donadas polo zoolóxico ornitolóxico Avifauna



Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Desta maneira, o parque Rosalía de Castro, volve a ter os seus inquilinos máis carismáticos

O Alcalde de Lugo,  José López Orozco, o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e Antonio Ibáñez Burgo, en representación de Avifauna, participaron na solta de parrulos no estanque do Parque Rosalía de Castro e que foron cedidos polo zoolóxico á entidade municipal a semana no que se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente.

López Orozco sinalou que con esta acción se dá por cumprido unha solicitude de numerosas persoas, en especial, nenos e nenas que querían volver a desfrutar da compañía das anátidas. Tamén sinalou que “son máis patos e de moitas especies diferentes en relación cos anteriores e que dende hoxe van vivir neste parque e se irán incrementando de maneira gradual”. 

Desta maneira, o zoolóxico ornitolóxico de Avifauna, cedeu ao Concello de Lugo un grupo de aves e máis de 10 especies diferentes de anátidas, e que se irán incorporando ao longo das semanas na zona do estanque. Dende hoxe, 8 novas especies recibirán aos veciños e veciñas que se acheguen a visitar a zona verde. As especies que se soltaron esta mañá foi unha parella de tarro canelo, unha de tarro blanco, unha de patro peposaca, outra de pato carolina, silbón europeo, ánade real, cerceta pardilla e ánade de pico amarillo. Todos eles son individuos adultos nacidados en cautividade nas propias instalacións do zoolóxico e que se atopan anillados, desparasitados e en perfecto estado de saúde, e polo que é unha gran vantaxe ao ter pasado todos os requisitos que establece a normativa sobre aves.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova