Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde agradece o gran traballo feito por Lino González Dopeso na Concellería de Medio Ambiente e destaca que foi quen de darlle a Lugo auga de calidade


# Martes, 04/06/2013
 

 González Dopeso renuncia ó seu posto na Corporación para adicarse exclusivamente ó exercizo da Mediciña e pon de manifesto o seu orgullo por ter sido Concelleiro con López Orozco, “o mellor Alcalde que tivo nunca Lugo”


O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente e Axenda 21, Lino González Dopeso, informaron hoxe da decisión de González Dopeso de renunciar a súa acta de Concelleiro, que deixará para adicarse exclusivamente ó exercizo da Mediciña.

O Alcalde anunciou que a renuncia de González Dopeso, que dirixe a Concellería de Medio Ambiente dende que entrou a formar parte da Corporación municipal, no ano 2003, farase efectiva no vindeiro Pleno, que terá lugar o día 27 de xuño.

López Orozco agradeceu a adicación de González Dopeso e reivindicou o importante labor que desenvolveu nestes anos á fronte da Concellería de Medio Ambiente. Neste sentido, o Alcalde destacou como o principal logro da súa xestión lograr que os lucenses bebamos auga de calidade. 

Tamén indicou o Alcalde que “todos lembramos cómo estaba antes o río Miño, cunha depuradora que non funcionaba, e hoxe temos unha EDAR de primeira xeneración” e dispoñemos de 800.000 metros cadrados de zonas verdes moi ben coidadas. 

O Alcalde salientou que “foron moitos anos de traballo intenso e leal por parte deste lucense de adopción que deixou unha pegada imborrrable no Concello, xa que foi moito o seu esforzo neste tempo”. 

“Vaise con pena, del, miña e de todo o Goberno, pero, tamén, coa alegría do deber cumplido”, explicou o Alcalde que, aínda que comprende os motivos da renuncia de González Dopeso, lamenta moito a súa marcha.

Orgullo de traballar co mellor Alcalde de Lugo

Pola súa parte, González Dopeso, expresou o seu orgullo por ter sido Concelleiro “co mellor Alcalde que tivo nunca Lugo” e comparou a José López Orozco con Ángel López Pérez que “lle puxo un bombazo á Muralla para abrir unha porta e o Alcalde Orozco puxo unha bomba para sacar a Lugo do ostracismo”. 

“Desque que o Alcalde Orozco exerce como tal, a cidade de Lugo ten peso e está no mapa de Galicia, e, ademais, rompeu a Muralla da dexconexión, porque foi quen de cohesionar os distintos barrios da cidade”.

Lino González Dopeso, que renunciara a adicación exclusiva no Concello o pasado mes de marzo para retomar a súa profesión de médico, explicou que renuncia á Concellería “por razóns profesionais”, xa que non lle foi posible compatibilizar o seu posto de traballo coa Concellería. 

“Intenteino pero non é posible e non se pode estar na misa e repicando”, sinalou Lino González que desbotou que tomara a decisión de renunciar por ningún outro motivo.

González Dopeso tamén defendeu o proxecto de creación da Empresa mixta para a xestión do ciclo da Auga e o Alcalde explicou que ésta é “outra obra de Lino, que deixa prácticamente feita”. 

Por outra parte, o Alcalde anunciou que trala renuncia de González Dopeso asumirá temporalmente a Concellería de Medio Ambiente e Axenda 21 Manuel Chaín.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova