Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe o apoio das principais entidades económicas e sociais para solicitar á Xunta novos proxectos e obradoiros de emprego para a cidade


# Martes, 04/06/2013
Na reunión informouse das convocatorias nas que o Concello vai participar para solicitar programas de emprego na cidade

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía lembrou que “dende que Feijoo é Presidente da Xunta ao Concello de Lugo non se nos concede escolas-taller a pesares de cumprir cos requisitos”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e as Concelleiras de Economía, Emprendemento e Autónomos, e de Educación, Formación e Orientación Laboral, Sonia Méndez e Esther Muñóz, mantiveron unha reunión con diferentes entidades económicas e sociais da cidade para colaborar en dúas convocatorias diferentes de fomento de emprego.

Na reunión, na que estiveron representantes dos sindicatos UXT, Comisións Obreiras, CIG, da Fundación CEL, de Cogami, de Asociación de Empresarias de Lugo e a Fundación TIC, asinaron a súa adhesión á solicitude feita polo Concello de Lugo á Xunta de Galicia en materia de emprego.

Sonia Méndez destacou que “convocamos ás principais entidades económicas e sociais para explicarlles o noso proxecto e para que respalden ao Concello na solicitude de axudas á Xunta que se nos veñen denegando dende que Feijoo é Presidente”. 

Desta maneira, o Concello, solicitou a adhesión a estes axentes económicos e sociais  a dúas accións diferentes, por un lado para o desenvolvemento das accións de fomento de emprego dentro dos programas de colaboración con entidades locais e o outro para a concesión dun obradoiro ou escola-taller ambas convocadas pola Xunta de Galicia. 

A Concelleira de Economía explicou que se tratan de programas que sirven de ferramenta para a mellora da empregabilidade das persoas participantes e de dinamización e xeración de novas actividades no seu ámbito xeográfico. Así, na convocatoria de colaboración con entidades locais vaise solicitar financiamento para que persoas traballadoras desempregadas executen servizos relacionados cos servizos sociais, axuda no fogar, dinamización xuvenil, fomento do ocio e da práctica deportiva, fomento das TIC’S para os emprendedores lucenses a través do Centro de Empresas e Innovación ou a revalorización de espazos públicos mediante a rehabilitación do patrimonio histórico-artístico.

Apoio escola-taller
Por outra banda, a responsable da área Económica, tamén informou que se solicitou a adhesión das mesmas entidades para a solicitude das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Xunta, que como lembrou “dende que Feijoo é Presidente da Xunta non se volveu a conceder ningún obradoiro nin escola taller ao Concello de Lugo a pesares de cumprir obxectivamente todos os requisitos e de ter preto de 10.000 desempregados”.

Os obradoiros como programas mixtos de formación e emprego promovidos polas entidades locais, están orientados a mellor a ocupabilidadde de persoas desempregadas a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición  de experiencia laboral mediante a realización de obras ou servizos de utilidade pública ou interese social. Así, se vai solicitar financiamento para un obradoiro de emprego denominado Vrbs Lvcvs que terá como principal obxectivo a conservación e posta en valor dunha parte do rico patrimonio documental do Concello e que os alumnos adquiran a formación e destreza profesionais necesarias para acceser ao mercado laboral.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova