Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adica 149.000 euros a axudas ó alugueiro de vivendas e aumentará esta cantidade se fóra necesario para atender a demanda de axudas


# Mércores, 05/06/2013
Lugo segue agardando a anunciada visita dos técnicos da Consellería de Educación ós terreos que ofreceu o Concello para construir un novo colexio no Sagrado Corazón

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Luis Álvarez dí que este retraso deixa en evidencia, unha vez máis, a Jaime Castiñeira

O Concello de Lugo aumentará este ano, se a demanda o require, o presuposto destinado ás axudas para o pago de alugueiro de vivenda, segundo anunciou hoxe o Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez.

“Ésta é unha aposta que fai o Concello pola axuda ás persoas, algo que é positivo desde o punto de vista da acción do Goberno, aínda que temos que lamentar que a situación social faga que haxa cada vez máis persoas con esta necesidade que é obrigado atender”, explicou Luis Álvarez.

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a encomenda de xestión a Evislusa destas axudas para alugamento de vivendas. Álvarez explicou que este ano introduciuse unha importante modificación nesta encomenda de xestión, xa que se prevé que a cantidade inicialmente prevista, 149.000 euros, poderá ser incrementada en función das necesidades que se produzan se aumenta o número de solicitudes.

O Concello facilitou este tipo de axudas a 93 familias con cargo á anualidade de 2011 e no 2012 o número de beneficiarios foi de 105. Máis da metade das familias que recibiron esta axuda pagaron con ela a metade do importe do alugueiro da súa vivenda e a media do que abonou o Concello a cada beneficiario foi de 113,60 euros ó mes.

A Xunta de Goberno autorizou, ademais, o uso en precario dun novo local do edificio municipal da rúa Monte Faro, neste caso a beneficiaria é a ONG Ecos do Sur.

Asimesmo, o Goberno local tomou razón dunha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 que lle deu a razón ó Concello e desestimou o recurso interposto por unha empresa á que se lle denegou a licenza de instalación, apertura e funcionamento dunha estación base de telefonía móbil na rúa Miguel de Cervantes.

O Sagrado Corazón segue agardando ós técnicos de Educación
 
O Voceiro do Goberno local lamentou, ademais, que o barrio do Sagrado Corazón segue agardando pola visita dos técnicos da Consellería de Educación e censurou o desinterese da Xunta e do Voceiro do PP no Concello, que hai uns meses dicía estar moi interesado no asunto, pola construcción do novo colexio neste barrio.

Luis Álvarez lembrou que hoxe cúmplense dous meses da entrevista que mantiveron o Alcalde e él mesmo co Conselleiro de Educación, na que éste prometeu que unha semana despois se desplazarían a Lugo técnicos da Consellería para visitar a parcela que lle ofreceu o Concello para construir un novo colexio no Sagrado Corazón.

O Alcalde, José López Orozco, ofreceu eses terreos unha vez que a Consellería desbotou a posibilidade de reformar as instalacións que ocupa actualmente o colexio e, pasados dous meses, a Consellería aínda non tomou a iniciativa e segue sen mandar os seus técnicos a comprobar se esa parcela é idónea para a construcción do novo colexio.

Luis Álvarez manifestou que “esto evidencia o nulo interese da Xunta de Galicia e do seu adalid Jaime Castiñeira” en que o Sagrado Corazón dispoña do novo colexio, algo que hai dous meses Castiñeira consideraba unha prioridade.

O Voceiro do Goberno local chamou a atención sobre o incumprimento deste compromiso xa que “non podemos ir buscar ó Secretario Xeral , ós técnicos ou ó Conselleiro e traelo a Lugo nun coche” e instou a Jaime Castiñeira a que presione á Consellería para que cumpla o seu compromiso.

 “Supoño que nestes dous meses tería algun oco na súa apretadísima axenda para chamar ó Conselleiro de Educación e dicirlle que Lugo tamén existe”, manifestou Luis Álvarez.

Tamén no caso do colexio do Sagrado Corazón, explicou Álvarez, “volvemos encontrarnos cunha utilización fraudulenta dos intereses veciñais, temos outro  exemplo recente co sucedido neste Salón de Plenos co barrio da Ponte e demóstrase cal é o xogo de Jaime Castiñeira que só se adica a obstaculizar a acción do Goberno municipal”,.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova