Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asistiu á exposición dos traballos sobre consumo responsable dos alumnos do CEIP Illa Verde con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente


# Mércores, 05/06/2013
Os rapaces e rapazas presentaron unha serie de experimentos e, incluso, elaboraron materiais de limpeza con produtos que non son dañinos co medio

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Educación, Formación e Emprego, Esther Muñoz, participou hoxe nunha actividade que levaron a cabo alumnos do Ceip Illa Verde con motivo da celebración nesta xornada do Día Mundial do Medio Ambiente. No acto tamén estiveron membros do profesorado do centro.

A actividade consistiu na exposición do traballo realizado durante este curso por alumnos de quinto de Primaria deste centro escolar grazas a un programa de formación medioambiental que desenrola o Concello. Nesta ocasión, o tema da actividades era o consumo responsable xa que se considera que a educacion cara o consumo debería incidir na responsabilidade do acto de mercar, en quen son e como quero ser, formulando unha nova alternativa cara realidades máis sostibles a nivel ambiental e social.

Este programa dirixido a alumnos e alumnas de 4º, 5º ou 6º de Educación Primaria pretende estimular aos rapaces/as para que analicen e tomen decisións baseadas no valor que para eles teñen os produtos en termos de necesidades e desexos: tamén pode axudar aos individuos a tomar decisións que poden incumbir a unha comunidade máis ampla como pode ser a escola e a familia.

As sesións remataron hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, coa exposición dos traballos traballos que fixeron neste tempo sobre o consumo irresponsable e a creación de produtos naturais que sustitúen aos industriais que son dañinos para o medio ambiente.

Os alumnos do Illa Verde demostraron na práctica, con distintos experimentos, os efectos que ten o consumo irresponsable na sociedade, as desigualdades que crea o mal reparto da riqueza mundial e o grave dano que causan moitos produtos de limpeza e químicos no normal desenvolvemento do medio ambiente. Ademáis, crearon con produtos como a auga e o bicarbonato produtos de limpeza que non agreden ao medio ambiente e que teñen un resultado similar.

Logo de asistir á exposición dos traballos, o Alcalde recoñeceu sentirse sorprendido pola presentación dos traballos, “todos eles dunha alta calidade “ e incidou en que “non hai mellores persoas para concienciar sobre a necesidade de cuidar do medio ambiente como os máis pequenos”. López Orozco tamén salientou a importancia de que os profesores se involucraran nesta iniciativa que promove o Concello para formar cidadáns respectuosos co medio ambiente.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova