Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta a festa do Arde Lucus en Avilés con numerosas novidades


# Xoves, 06/06/2013
 

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua animaron aos asturianos a pasar o fin de semana do 14 ao 16 de xuño en Lugo para que vivan la celebración que revive el pasado romano

Anunciou que as entradas para o Circo Romano do sábado xa están esgotadas e que a Radio Galega realizará un programa especial o sábado 8 sobre o Arde Lucus

Carmen Basadre salientou que “tamén se vai invitar ao piloto de Iberia que desviou o voo para ensinar a Muralla de Lugo aos seus viaxeiros para que coñeza a cidade no Arde Lucus”


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Cultura, Estudios Superiores y Universidad, Roman Antonio Alvárez González, presentaron o Arde Lucus, festa declarada de Interése Turístico Galego. O obxetivo de este acto era dar a coñecer esta festa en Asturias e animalos a que os días 14, 15 e 16 de xuño se acheguen a disfrutar cos veciños e veciñas de Lugo. No acto estiveron custodiados por unha representación das lexións romanas formadas por membros da  Cohors III Lucensium.

Carmen Basadre deu as grazas polo recibimento e a oportunidade para presentar unha festa "moi nova no tempo pero cunha gran repercusión a nivel local e mesmo internacional na que todos os veciños e veciñas se involucran para dar un maior realismo á festa". Tamén destacou que dende o Concello se traballa moito para sorprender a veciños e visitantes cada ano con novas actividades para o desfrute de pequenos e maiores.

A responsable de Cultura incidiu na importancia deste evento e como exemplo explicou que xa están agotadas as entradas para a actuación do Circo Romano do sábado ou que a Radio Galega vai facer un programa especial para toda Galicia o día 8 sobre o Arde Lucus dende o MIHL.

A edición número 12 do Arde Lucus contará con máis actividades e novidades respecto a anos pasados, así haberá mais de 190 actividades, das que 55 son totalmente novas aínda que se seguen mantendo as clásicas. Como en anos anteriores, montarase o Macellum, onde poden comprar produtos típicos, espectáculos de teatro pola rúa, as vodas e bautizos polo rito celta e romano, desfiles de tropas, as bacanais ou as loitas entre romanos e castrexos. Dentro das novidades, destacan unha renovación do Circo Romano; a constitución do senado romano e dun grupo de mulleres chamadas as Asemblearias coas que competiran dialecticamente ou as olimpíadas romanas protagonizadas por diferentes clubs deportivos da cidade.

Entre as grandes novidades deste ano destaca a participación de Arsdimicandi, un grupo de gladiadores romanos da zona de Bérgamo, que por primeira vez, visita Lugo e que interactuar cos visitantes durante as súas loitas polas rúas. Estes especialistas, participaron nas recreacións de loitas da serie de televisión Roma. Outra das novidades é a participación de Tierraquemada unha asociación de Numancia na que estudan e recrean as loitas numantinas entre iberos e romanos.

Por outro lado, o Castra de Lucus Augusti será, por segundo ano consecutivo, un espazo natural pechado e situado na rúa Carril dos Fornos, moito máis amplo que en anteriores edicións. Nel montaranse os campamentos das asociacións Caetra Lucensium, Civitas Lucensis, Lugdunum, Terra Copora e Tir Na N'Og, e Lvcvs Eqvites. A Cohors III Lucensium asentarase na Praza Maior na que realizará varios desfiles ao longo do fin de semana. Finalmente, o campamento Trebas Galaicas estará situado no cantiño de Nemesio Cobreros.

Tamén o Miúdo Arde, situado na Praza San Marcos, na que se desenvolverá un apertado programa entre os que destaca Qui somnia. Solis et venti para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Carmen Basadre indicou que a cidade está a preparar os motores da festa e explicou que cada ano conta cun un maior número de visitantes, chegando a reunir o ano pasado preto de 400.000 persoas.

O centro histórico da cidade énchese de actividades que recrean os inicios de Lucus Augusti e das que gozan lucenses e visitantes de todas as idades. As rúas engalánanse para transportar a todos os participantes aos tempo da Antiga Roma, cada praza terá actividades para todas as idades, para que todos gocen da festa e que o casco histórico se converta nunha cidade máxica que faga viaxar no tempo.

O Arde Lucus é unha festa para toda a familia na que, a pesar da participación masiva, o programa se desenvolve sen incidencias, polo esforzo que realizan os técnicos da Concellaría de Xuventude e polos demais servizos implicados na festa: Protección Civil, os servizos de limpeza, os servizos eléctricos, a Policia Local e Bombeiros.

Web de Arde Lucus: http://www.ardelucus.com

Descontos do 25% en Grupo Alsa

Este ano e, en vista do éxito da edición pasada, haberá máis facilidades para viaxar á cidade de Lugo durante as festas do Arde Lucus. Así, o confirmou o Concello de Lugo e o Grupo Alsa que chegaron a un acordo para facer un desconto do 25% a todas as persoas que queiran achegarse a gozar da festa, que se celebra os días 14, 15 e 16 de xuño. Ademais, o compromiso base é facer unha promoción da festa por toda España a través dos percorridos que o Grupo Alsa realiza. Deste xeito, todas aquelas persoas que vaian viaxar á cidade entre o 11 e o 18 de xuño poden comprar os billetes aos que se lles aplicase un 25% de desconto sobre estes. A idea é que as persoas de toda España se acheguen a Lugo proporcionándolles unha rebaixa na viaxe para que nesta época de dificultades todos teñan mellores posibilidades.

Merchandising oficial
Outro ano máis o Concello de Lugo venderá os produtos oficiais para o Arde Lucus 2013. Son un vaso de cerámica, un alfinete de bronce para o pelo e unha fíbula que terán un prezo de entre 3 a 20 euros respectivamente.

Os vasos de cerámica, tamén se poderán adquirir nos locais de hostalaría, están elaborados polo artesán José Manuel Fernández, en terra sigillata, o máis parecido á cerámica romana de bastante calidade e de características especiais. Outro dos produtos é un alfinete para o pelo, unha das xoias máis empregadas polas mulleres romanas. Trátase dunha réplica similar ao acus crinalis que se encontra no Museo Arqueolóxico de Ourense e está elaborada polo artesán lucense José Manuel Castro Neira. É un adorno persoal elaborado en bronce e coa cabeza balaustrada. O valor deste produto para a venda é de 10 euros.

Finalmente, tamén se poñerá á venda, fíbulas, de tipo anular en omega e elaboradas polo artesán Castro Neira, moi similar ás que se poden ver en Museo do Castro de Viladonga. Este adorno serve para suxeitar as capas, vestidos ou de adornos nalgúns cintos. O prezo da venda será de 20 euros. Todas aquelas persoas que queiran comprar estes produtos poden facelos no posto que o Concello instalará na Praza Maior.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova