Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de solicitude para as fogueiras de San Xoán


# Xoves, 06/06/2013
As solicitudes pódense presentar ata o día 21 de xuño

O Alcalde, José López Orozco, vén de ditar un bando que recolle as normas ás que se teñen que axustar todas as fogueiras de San Xoán (Lume Novo).

O bando establece que o prazo para presentar as solicitudes de permiso para a queima rematará o día 21 de xuño ás 13.00 horas. As solicitudes están a disposición dos interesados nas dependencias da Policía Local.

En canto á normativa que regula a organización das fogueiras de Lume Novo, prohíbese a queima de rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.

Tamén se establece no bando que as fogueiras non poderán facerse en lugares póximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xaríns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo.

Obriga, ademais, ó responsable ou responsables e ós organizadores de cada fogueira a retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requerimento da Policía Local, a sufocar de inmediato a fogueira




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova