Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha delegación de profesores tunecinos visitaron hoxe o CEI-Nodus


# Venres, 07/06/2013
Reuníronse co Alcalde e a Concelleira de Economía e Emprendemento

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, reuníronse hoxe cun grupo de profesores universitarios de Túñez que visitan Galicia durante esta semana para recabar información sobre fórmulas para apoiar a inserción laboral de recén titulados do seu país.

A visita foi organizada pola Aula de Produtos Lácteos, xa que a Universidade de Santiago forma parte do Proxecto Tempus da Unión Europea, dentro do cal se promoveu a viaxe a Galicia desta representación tunecina que hoxe estivo no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.

O Alcalde e a Concelleira de Economía explicáronlles o funcionamento do CEI-Nodus e do seu Viveiro de empresas, así como o asesoramento que se presta ós emprendedores e os canles de colaboración existentes con outros Viveiros de empresa e coa USC. 

Logo da reunión, a delegación de profesores de Túnez recorreu as instalacións do CEI e o Espazo>Lab.

Previamente, a representación tunecina que chegou a Lugo o martes pola tarde, visitou a primeira hora de hoxe o Viveiro de empresas da Fundación CEL e rematou a súa estadía na nosa cidade cunha visita a Innolact (spin-off da Aula de Produtos Lácteos).

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova